OS MELLORES DESEXOS PARA 2019

Para expresar os mellores desexos para o  2019 deixamos aquí unha fotografía e unha frase de Malala Yousafzai. A fotografía recolle os traballos premiados na biblioteca, no concurso UNHA ESTRELA NA ESPERELA; a frase dá conta do importante que é a formación para mellorar o futuro.

Os traballos premiados foron os de Laura Pampín e Nuria Aguiar, de terceiro de ESO.

 

PATINAXE PARA DESPEDIR O TRIMESTRE.

21/12/2018 11:00
Africa/Addis Ababa

Hoxe tocou a merecida recompensa despois da avaliación do primeiro trimestre. Despois da entrega de notas, fómonos todos a patinar. A actividade estivo organizada polo departamento de Educación Física.

 

NESTE ENLACE PÓDESE VER UN VÍDEO DA ACTIVIDADE

PREMIOS ÁS MELLORES AXENDAS ESCOLARES

20/12/2018 10:10
Africa/Addis Ababa

Hoxe entregáronse na biblioteca A Esperela os premios polo bo uso e aproveitamento da axenda escolar do noso instituto.Foron uns recoñecementos emocionantes e divertidos.No segundo trimestre haberá máis!!!!

   

SESIÓN DE ATRAPASOÑOS DE 3º E 4º DE ESO .

20/12/2018 20:59
Africa/Addis Ababa

 

A xuntanza do club de lectura de hoxe xirará arredor da obra de Fran Alonso  titulada Cartas de amor. Centrarase no relato titulado "Lonxe", que amosa o desarraigo sufrido polas persoas que teñen que deixar o seu lugar de vida para emigrar a outro país. Máis información no blog

 

 

CONTACONTOS INGLÉS- GALEGO

19/12/2018 12:10
Africa/Addis Ababa

                             

 

Hoxe o alumnado do centro  asistiu á  actividade de contacontos en inglés e galego, da man das narradoras Patricia McGill e Charo Pita.  Estas contadoras profesionais versionaron algúns relatos da tradición oral  nos que apareceron bruxas,cabaleiros, paxariños metidos en problemas, damas encantadas e ata o mesmísimo rei Artur.  A actividade,organizada polos departamentos de Inglés, Galego e Biblioteca , desenvolveuse  en dúas sesións ( a primeira para o alumnado de 3º e 4º de ESO  e a segunda para o alumnado de 1º e 2º ). Foi moi amena e interesante.

 

TEATRO A PROL DO COMERCIO XUSTO

10/12/2018 16:10
Africa/Addis Ababa


O Concello de Sada  posibilitou a representación no noso instituto da obra " Vaya Tela!" dentro da campaña " Consumo con sentido, concellos coruñeses co Comercio Xusto". Logo da representación houbo un pequeno espazo de reflexión sobre a necesidade  do consumo responsable no que participou o alumnado de 3º e 4º de ESO.

 

SESIÓN DE ATRAPASOÑOS DE 1º E 2º DE ESO .

14/12/2018 22:04
Africa/Addis Ababa

   Hoxe , como todos os venres , houbo sesión do club de lectura Atrapasoños. Esta vez reuníronse os Atrapasoños pequenos de 1º e 2º de  ESO.

O conto escollido foi 7-X de Rosa Aneiros.

MÁIS INFORMACIÓN AQUÍ .

CONVENIO COLABORACIÓN CONCELLO DE SADA IES O MOSTEIRON

14/12/2018 12:14
Africa/Addis Ababa

No documento achegado podedes consultar o convenio de colaboración que firmaron Concello e Instituto, polo cual o primeiro subvenciona, ao segundo, parte do coste das saídas didacticas que realiza.

SESIÓN DE ATRAPASOÑOS de 3º e 4º DE ESO.

30/11/2018 12:10
Africa/Addis Ababa

Hoxe no recreo temos xuntanza do club de lectura co alumnado de 3º e 4º de ESO. A obra da que se falará hoxe será Masculino singular, de Carlos Negro.

Máis información no blog ATRAPASOÑOS

Distribuir contido