VISITA AO IES ISAAC DÍAZ PARDO
O pasado venres 8 de febreiro o alumnado de 4º de ESO visitou o IES Isaac Díaz Pardo de Sada para ver as instalacións do que, na maioría dos casos, será o seu novo centro educativo o vindeiro curso.
RESERVA PRAZA VINDEIRO CURSO NO IES ISAAC DÍAZ PARDO
Segundo se contempla na Orde de 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, artigo 10.2 “o alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe o modelo normalizado que se publica como anexo I” (formulario normalizado ED550A)
Tamén se poderá cumprimentar a reserva través da aplicación admisionalumnado: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ que deberán entregar posteriormente na Secretaría deste centro.
A reserva tamén se poderá formalizar na Sede Electrónica con certificado dixital ou a Chave365: https://sede.xunta.gal/portada e neste caso xa non é preciso a entrega en papel na Secretaría do centro.
Aquelas familias do alumnado de 4º curso de ESO que desexen efectuar a reserva de praza para o vindeiro curso no IES Isaac Díaz Pardo de Sada deberán formalizar a reserva de praza . O prazo de presentación da reserva de praza será do 1 ao 15 de febreiro.
A reserva adquirirá carácter vinculante e será incompatible coa presentación de solicitude de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Entre o 1 e o 20 de marzo de 2019:
ADMISIÓN
As solicitudes de admisión presentaranse:
- mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso «admisionalumnado»,
- no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado. Modelo solicitude admisión (ED550B)
VISITA DO ALUMNADO DE 6ºDE PRIMARIA DO CEIP O MOSTEIRÓN
Hoxe os grupos de 6º de Primaria do CEIP O Mosteirón viñeron coñecer o noso insti, que será o seu o vindeiro curso. Alumnado voluntario de 1º e 4º foi o encargado de ensinarlles o Centro e aclarar as súas dúbidas. Rematamos a visita cunha merendola e un agasallo
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
Hoxe recordamos a importancia da paz nun acto que combinou a lectura de textos e a interpretación de varias cancións.
ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL PARA 4º DE ESO
Hoxe, durante a hora de titoría de 4º de ESO, tivemos o pracer de recibir a dous exalumnos moi queridos: Enrique Lagares e Sabela Rodríguez . Os dous , que xa están no mundo laboral, explicaron en que consisten os seus traballos e os estudos que fixeron para conseguilos.
VISITA A RADIO NACIONAL
A Biblioteca A Esperela organizou a visita aos estudios de Radio Nacional onde estivo o alumnado de 4º de ESO.
Parece que o pasaron moi ben ademais de ter a oportunidade de "dar as noticias".
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »