Informática
O IES de Monterroso participa no programa Erasmus+
O IES de Monterroso ven de unirse ao Consorcio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no proxecto Europa. Next Station: Improving Professional Skills in Galicia (Tipo KA102) para que as/os nosas/os estudantes e docentes de Ciclos Formativos, tanto da FP Básica de Informática de Oficina como do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes poidan realizar prácticas no estranxeiro.
Visita ao CESGA
Os nosos alumnos de FP da familia de Informática fixeron unha visita ao Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), situado en Santiago de Compostela.
Na visita puideron comprender o tipo de servicios que ofrece este centro, ademais de observar a organización da súa infraestrutura de rede, o superordenador FinisTerrae e un ordenador cuántico.
Solicitude Erasmus+ 2024/2025
Ábrese o prazo para solicitar a axuda de mobilidade Erasmus+ para o curso 2024/2025, dirixida aos alumnos do 2º curso do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes. O prazo estará aberto desde o luns 11 de novembro ata o luns 25 de novembro, ambos incluídos.
Os interesados deberán cubrir o formulario de solicitude que se adxunta e entregalo presencialmente na Secretaría do centro ou ben mandalo asinado dixitalmente ao correo electrónico do instituto (ies.monterroso@edu.xunta.gal).
Visita a Inditex
Os nosos alumnos de FP da familia de Informática fixeron recentemente unha visita á sede de Inditex, situada en Arteixo (A Coruña). Os alumnos puideron facer un percorrido polas principais instalacións da empresa e coñecer os seus innovadores métodos de traballo.
Agradecémoslle a todos os membros de Inditex a súa amabilidade e colaboración durante esta visita.
Admisión FP 2024-2025
Atópase aberto o proceso de admisión para cursar ciclos de Formación Profesional durante o curso 2024/2025. Na seguinte ligazón pódense consultar os prazos e as instrucións do proceso:
No curso 2024/2025 o noso centro ofertará os seguintes ciclos:
- Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes (Oferta ordinaria)
- FP básica de Informática de Oficina
Visita ao MUVI
O alumnado do Clube de Xogos de Mesa e Videoxogos do instituto e parte do alumnado do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes fixo recentemente unha visita ao Museo do Videoxogo (MUVI), situado en Cangas do Morrazo. O MUVI é o único museo do videoxogo que existe en Galicia e un dos poucos que existen en España.
Ademais de visitar o museo e probar as súas máquinas, os alumnos participaron en dous obradoiros nos que puideron ver a gran influencia que teñen a literatura e os ordenadores na creación de videoxogos.
Proxecto "Break Arcade"
Durante as últimas semanas, alumnos do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes desenvolveron unha máquina recreativa arcade para que todos os membros do instituto poidan xogar durante os recreos a algúns dos videoxogos máis populares e tradicionais das máquinas recreativas.
Os alumnos desenvolveron a máquina desde cero, empregando compoñentes de ordenadores do noso taller. Aplicaron os coñecementos adquiridos nos diferentes módulos do ciclo para montar os compoñentes, instalar o software necesario e deseñar a apariencia da máquina. Tamén aprenderon a conectar a máquina por rede para poder controlala de forma remota.
VIAXE A SANTIAGO
O 8 de febreiro o alumnado de Informática viaxou á Santiago para visitar o CESGA(Centro galgo de Supercomputación) e realizar unha visita no Finisterrae. | Finisterrae nome do superordenador instalado no CESGA |
Despois visitaron o Instituto Galego de Estatística e participaron no desenvolvemento dunha enquisa |
Datas de avaliación extraordinaria e final de ciclos formativos para o curso 2021/2022
Faise público o calendario de exames para FPB e Ciclo Medio do curso 2021/2022, con datas de exames, entrega de boletíns e datas de reclamación.
Iniciación á robótica e impresión 3D
Do 13 ao 19 de outubro tivo lugar no IES de Monterroso, nos grupos de 1º de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes e 2º de FP Básica de Informática de Oficina, a actividade Codeweek.
Actividade integrada na iniciativa europea #CodeWeek (9 a 24 outubro de 2021) a semana europea da programación, na que tentamos achegar o pensamento computacional para a resolución de problemas mediante a realización dun proxecto de robótica básico e aplicación práctica da impresión 3D.
As/Os estudantes realizaron un proxecto paso a paso (desde a lóxica ata a implementación) para construir unha barreira activada mediante sensores de presenza empregando ARDUINO, actuadores e sensores.
A impresión de certos elementos coa impresora 3D permitu aos estudantes coñecer esta tecnoloxía e o seu emprego práctico.
https://codeweek.eu/view/375212/iniciacion-a-la-robotica-y-3d
https://codeweek.eu/
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »