Curso 2023/2024

Revista escolar do curso 2023-2024: A Leira dos Trasnos

Temos o pracer de anunciar a saída da revista do curso escolar 2023-2024. Preme na imaxe da portada para descargala.

 

Actividades náuticas e visita paisaxística

Actividades Náuticas na Ría de Arousa e recollida de lixo na Praia de Cabío. Visita ás Dunas de Corrubedo, A Pedrá da Ra e o Dolmen de Axeitos co alumnado de 2° e 3° de ESO, organizado polos Departamentos de Francés e de Música.

 

Entrega de notas

A entrega de notas terá lugar o próximo mércores 26 de xuño.

As notas para a ESO entregaranse na aula B5. As notas de Ciclos e 1º BAC entregaranse nas aulas dos titores.

No momento de entrega das notas, deben devolverse os libros de texto e os que foron prestados na biblioteca. Se non se devolven os libros, non se entregarán os boletíns de notas.

Os horarios da entrega de notas son os seguintes:

  • 1º ESO e 2º ESO: 9.30h
  • 3º ESO, 4º ESO e 4º PDC: 10.30h
  • 1º BAC e Ciclos: 11:00h

 

Intercambio co IES Faro das Lúas

Este curso o EDLG en colaboración co departamento de Lingua e L. Galega coordinou un intercambio co IES Faro das Lúas de Vilanova de Arousa. Este intercambio durará dous cursos, 23/24 e 24/25. Neste proxecto participou o alumnado de 3º da ESO dos dous centros. Durante o curso mantiveron unha relación epistolar e o día dezaoito de xuño invitáronnos a pasar unha xornada de convivencia en Vilanova de Arousa durante a cal se coñeceron persoalmente e forxaron amizade.

Foi un día inesquecible, tras as presentacións amosáronnos o seu centro e despois acompañáronnos a facer un roteiro guiado polos principais puntos da vila con visita á casa de Valle-Inclán. Despois de invitarnos a xantar leváronnos á praia do Terrón onde a rapazada participou nunha serie de xogos inclusivos ademais de gozar da paisaxe mariña.

Durante o curso 24/25 continuaremos co intercambio e co mesmo alumnado que estará en 4º da ESO, seguirán mantendo unha relación epistolar e tocaranos a nós facer de anfitrións.

Este intercambio pensouse cun centro da costa para que o alumnado poida comparar as variantes dialectais, ver as diferenzas costa-interior...

Pasámolo xenial e foi moi produtivo.  Agora só queda agardar a que comece o curso para continuar co proxecto e de momento descansar e gozar das vacacións que temos ben merecidas, non sen antes agradecer ó IES Faro das Lúas, ó seu EDLG e en particular á Fátima, Raquel e a Kito pola atención que tiveron con nós.

Moitas grazas e ata setembro.

Bo período de lecer!

 

  

  

Camiño de Santiago

Coma todos os anos o EDLG remata o curso coa realización dun tramo do Camiño de Santiago. Este ano tocou Triacastela-Sarria, un tramo moi fermoso con partes máis difíciles e con partes máis doadas pero todas elas cheas de encanto. Nesta actividade plurianual e interdisciplinar o noso alumnado e o profesorado acompañante puideron observar a flora e a fauna desta zona de Galicia, a variante dialectal, os tipos de construcións, os teitos...

Esta é unha experiencia marabillosa e xa estamos pensando na etapa Sarria-Portomarín que nos toca para o curso vindeiro.

Ata o ano!

 

Conferencia Xavier Senín

O día vinte e catro de maio tivemos a honra e o pracer de ter con nós a Xavier Senín, autor do libro de relatos O alfaiate portugués, que o alumnado de 4º da ESO e de 1º de BAC leu no terceiro trimestre.

Xavier falounos do seu libro, de como naceu a idea, a estrutura de cada texto, de onde saen as historias e fixo fincapé nas que se localizan en Antas e Monterroso.

Tamén nos explicou que é un escritor, se se pode vivir de escribir e citou algúns exemplos…

Por último dedicou un tempo a asinar exemplares.

Foi un encontro moi produtivo que agardamos que se poida repetir.

 

Grazas Xavier por todo.

     

Ata outra.

 

     

 

Actividade coordinada polo EDLG

Departamento de Francés

Este curso, a aula de francés estivo adicada ó escritor do neoclasicismo francés Jean de La Fontaine, autor de 243 fábulas escritas en forma de poema, algunhas tan coñecidas como "O corvo e o zorro" ou "A cigarra e a formiga" nas que os animais teñen un papel central e que encerran unha lección moral.

Nestes vídeos, alumnado de 1º ESO fálanos das súas mascotas.

 

Nicolás Blanco Carrera e Sara Vázquez Rodríguez
 
 
Jesús Medela Vázquez, Jesús García Corredoira
e Carlos Expósito Prado
 
 
Gabriela Rosanna Velazco Delgado e Uxío Gil Fernández
 
 
Xoel Ríos Moure e Ainoa Méndez Blanco
 
 
A continuación, adxúntanse os vídeos para a súa descarga.
 

Encontros coas familias

No IES de Monterroso retomamos os encontros coas familias. Agardámosvos!

 

Distribuir contido