O proxecto Deseño e Son da Asociación Cultural Zalaeta, entre os seleccionados para continuar no curso 2020 o proxecto inclusivo de Música e Tecnoloxía. Parabéns a todos e a todas as que o facedes posible, e a Paz e Isabel, profesoras de Tecnoloxía e Música, respectivamente.
O proxecto "Planos para tocar", desenvolvido polo alumnado de 3º da ESO no curso 2018-19 dentro das actividades do Club de Ciencia Zalatecno e do Proxecto Deseño e Son (financiado pola Fundación Emalcsa) acadou esta semana o premio Desafío STEM de Impresión 3D. Podedes obter máis información sobre a actividade na web de Deseño e Son e na web do Club de Ciencia.
Os nosos parabéns por este máis que merecido premio!
Do 25 ao 29 de novembro a Robótica ocupará un lugar destacado en Zalaeta.
Participación na OSHWDem do Club de Ciencia e Tecnoloxía co proxecto inclusivo da Asociación Cultural Zalaeta Deseño e Son subvencionado pola Fundación Emalcsa.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer