Punto Laranxa contra o acoso escolar

Tecnoloxía

BENVIDA Á PRIMAVERA NO HORTO PAIDEIA

 Unha primavera máis, o alumnado de Bioloxía de 1º ESO sae ao patio a facer traballos de mellora da contorna, coa finalidade de sensibilizarse co seu coidado, coñecer certo tipo de flora e participar no traballo conxunto que grazas á Fundación Emalcsa comezamos este ano co alumnado do CEE María Mariño e que está relacionado cos enxertos de froiteiras comúns na nosa zona. 
 
Estes traballos están sufragados, ademais de por Emalcsa, por Voz Natura, polo Club de Ciencia do Centro, pola Concellería de Servizos Sociais de A Coruña e polo propio instituto.
 
 
 
 
 
 

EXPOSICIÓNS 11F

Queremos compartir unha serie de proxectos desenvolvidos polo Club de Ciencia co gallo da conmemoración do 11F: Día da Muller e da Nena na Ciencia.

Neste apartado da páxina web do Club de ciencia (Exposicións 11F en Zalaeta)  hai información e as as ligazóns para poder ver o traballo que levan feito no grupo de Tics de 4º e no de TICs de 2º de Bac sobre mulleres galegas en ciencia e tecnoloxía.


Son Exposicións 11F creadas polo alumnado, unhas virtuais:
 
 
  • unha páxina web, con tarxetas interactivas e audios:

E desenvolveron tamén unha exposición nuns paneis na entrada do centro con cartaces e códigos QR para escoitar os audios:
 
 
 

ACTIVIDADES 11F

Organizado polo Club Zalatecno, un curso máis celebramos en Zalaeta a semana de visibilización da muller e a nena na ciencia e na tecnoloxía promovida pola ONU e pola iniciativa 11F. A pesares das circunstancias, contaremos con moitas charlas (presencias ou online) e actividades que se desenvolverán entre o día 2 e o 12 de febreiro. Para mantervos informados e informadas, seguida as redes (@zalatecno en Instagram, @tecnozala en Twitter) ou consultade a páxina web de Zalatecno.

 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

VOZ NATURA CURSO 2020/2021

Este ano, o proxecto Voz Natura do Zalaeta e o Club de Ciencia teñen como novidade o traballo conxunto co Colexio de Educación Especial María Mariño de A Coruña. Este centro, que conta con FP Básica de Xardinaría e Viveirismo, está a traballar na recuperación de froiteiras da nosa contorna e na práctica de adecentamento de zonas de xardín. A proposta nestes tempos de covid no que a nós se refire é facer un intercambio de plantas (xa nos deron "faballóns" e agora queren as nosas "calas"), e de guía de cultivos (pois eles traballan cunhas sementes que tras algúns meses de crecemento imos colocar no Instituto tras recibir asesoramento por videoconferencia se non pode haber intercambio de rapazada). Trátase de realizar un traballo de inclusión e natureza ao tempo, no que interveñen varios proxectos do instituto: Club de Ciencia Zalatecno, Deseño e Son a través do programa de cultura inclusiva e accesible da Fundación Emalcsa, e o Club de Letras con O Son das Aulas, dedicando unha sección do seu programa ao seguimento destas tarefas.
 
 
O alumnado participante será o de 1º de ESO e o profesorado que desenvolve esta actividade é Eva Mariño, Andrés Vázquez e Tono Frade. 
 
Programa Voces de A Coruña coa intervencion de Tono Frade e alumnado participante (min 1.30 a 8)
 

ENERGY CHALLENGE

Alumnado de Tecnoloxía Industrial (1º BAC) e de Tecnoloxía bilingüe (3º ESO) visitou Energy Challenge, unha experiencia itinerante e innovadora para achegar aos máis novos, e ao público en xeral, coñecementos actualizados sobre a transición enerxética, a economía circular,  a calidade do aire e as novas tecnoloxías enerxéticas.

 

PROXECTOS GALICIENCIA - ZALATECNO E DESEÑO E SON

Dous proxectos de Zalatecno e Deseño e Son seleccionados na edición de Galiciencia 2020. "Fichas Braille" e "Planos táctiles" participan na categoría de secundaria. Entra na web de Galiciencia e coñece máis sobre estes e outros proxectos participantes.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer