Alumn@s de 4º de Tecnoloxía de 4º de ESO , de TICs e de Tecnoloxía Industrial participaron este luns día 17 no Obradoiro de sensores dentro do Programa Inventa en Galego organizado por Igaciencia
De que vai o concurso?
Centrarase en experimentos con sensores con Arduino e Lego.
Espectáculo de ciencia de educaBarrié, a canle para a comunidade educativa da Fundación Barrié, que trata aspectos de Física, Química, Bioloxía e Matemáticas para alumnado de Secundaria e Bacharelato.
O proxecto "APLICACIÓNS DIDÁCTICAS SOBRE A GALICIA INDUSTRIAL" no que participa o noso centro en colaboración co IES Agra do Orzan e o IES Salvador de Madariaga, foi calificado como EXCELENTE na convocatoria para a realización de proxectos de innovación en dinamización lingüística en centros docentes de titularidade da Consellería para o curso académico 2013/2014, sendo un dos cinco proxectos que acadaron a máxima puntuación, polo que recibirá un premio de 2000 €.
A nosa felicitación e recoñocemento polo esforzo e compromiso co ensino do profesorado e alumnado participante no proxecto.
NORABOA !!!!!!!
Este é o exemplar que maquetaron alumnos de Informática de 4º de ESO para El País de los Estudiantes.
Os artigos foron redactados por alumnado de 1º de Bach, 3ºC e 1º de ESO.
O profesorado implicado foi Antón Frade, Antonio Colmenero, Carmen Fdez, Mª Jesús Pico e Paz Freire.
Podes obter o xornal na ligazón
|
XIX Dia da Ciencia na Rúa Sábado 10 de maio Parque de Sta Margarida O noso centro estará presente co alumnado de ESO e Bacharelato
Participamos cunha proposta multidisciplinarna que caben xogos, mapas, pasatempos, vocabulario, explicacións sobre a evolución e os avances científico tecnolóxicos,... todos temas cun eixo común entorno á “Galicia Industrial”, Profesorado acompañante: Paz Freire, Almudena García, Almudena Jiménez, Carlos Lorenzo Mais Información neste enlace |
XIX Dia da Ciencia na Rúa Sábado 10 de maio Parque de Sta Margarida
O noso centro estará presenta co alumnado de ESO e Bacharelato
Profesorado acompañante: Paz Freire |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer