O alumnado de 4º da ESO organiza un Xantar de Entroido no Instituto o vindeiro venres 28 de Febreiro a partir das 14:30 horas.
Mercade as vosas entradas canto antes!!
Ofrécense dous menús:
Menú de 15€: Menú de 10€:
Salada de pasta. Salada de pasta.
Pala ao forno con guarnición. Pizza.
Postre e Bebida. Postre e Bebida.
Nuria Vilariño Lema, alumna de segundo de ESO do IES Maximino Romero de Lema, resultou premiada dentro do certame Ciencia que conta 2013, un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. O xurado, decidiu outorgar o primeiro premio á nosa alumna polo relato O gris das fedoras, que podedes consultar no adxunto.
Parabéns Nuria.
Máis información:
Nova publicada en La Voz de Galicia.
Relato Gañador
Lecturas para o Nadal.
Dende a Biblioteca, fixemos unha escolma de Lecturas clasificadas por Curso recomendables para este Nadal, que podedes consultar premendo na seguinte publicación:
Actividades de Nadal na Biblioteca
Dende a Biblioteca queremos informar de dúas actividades propostas para este Nadal.
Consulta cada unha premendo no seu nome ou na súa imaxe:
Concienci@cción
A continuación descríbense as accións solidarias que se levarán a cabo no IES de Baio durante o mes de Decembro.
A Verdadeira Marca da Roupa (http://glorr.com/web)
Trátase dunha campaña de recollida de Roupa e Calzado para a Fundación GLORR.
A data límite para recoller a roupa e calzado remata o día 9 de Decembro.
Pasaporte Solidario (http://www.voluntariadogalego.org)
O xoves 5 de Decembro a Asociación Íntegro virá expoñer a súa visión sobre o voluntariado ao centro.
Trocando Lecturas (Biblioteca)
Dende a Biblioteca do Centro estase a traballar no proxecto de Troco de Libros para levalo a cabo coas seguintes datas:
-16 de Decembro: Data límite de entrega de libros.
-17 e 18 de Decembro: Feira do Libro de Nadal.
Tapóns por Sorrisos (http://todosconjm.wordpress.com/recollida-de-tapons)
Levarase a cabo unha recollida selectiva de tapóns para axudar a José Manuel (Vedra) en colaboración co Concello. Manterase todo o curso.
Consulta os Tapóns Válidos premendo a seguinte imaxe.
De Bote en Bote...Compartindo
Terá lugar unha campaña de Recollida de Alimentos entre o 9 e o 19 de Decembro en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Zas, que xestionará o reparto dos alimentos.
Removendo Xoguetes
Levarase a cabo unha campaña de Recollida de Xoguetes entre o 9 e o 19 de Decembro en colaboración cos Servizos Sociais do Concello de Zas, que xestionará o reparto dos alimentos.
A celebración do Magosto, foi un bo motivo para a elaboración dunha serie de traballos que afondan nesta temática.
Consulta os traballos realizados premendo na imaxe do Magosto.
Xa temos Gañador!!
O 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
O Slogan gañador do I Concurso de Slogans para a conmemoración desta data, foi o seguinte:
O gran perder do home? A violencia contra a muller
Este slogan foi ideado por Junior Pereira Grille, alumno de 1º Curso do Ciclo Formativo de SMR.
Parabéns ao gañador.
Xa podedes consultar os traballos relacionados co Magosto, que se realizaron dende o Departamento de Ciencias da Natureza.
Consulta os traballos premendo na imaxe do Ourizo.