Xa están dispoñibles na Galería de Imaxes, as fotografías da visita que realizamos dende o Departamento de Música á Exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido.
I Concurso Slogan
25 de Novembro
Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Mulller
O 25 de novembro é o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.
Con motivo desta celebración a Biblioteca do IES Maximino Romero de Lema convoca este concurso de slogans.
Lembra que un slogan é unha frase breve ou texto curto con certa orixinalidade usado na propaganda comercial, política...
O teu, cando menos, ha de ser orixinal e ter como finalidade poñer a xente a pensar...
Máis info:
Bases do Certame.
A celebración do Magosto ten como obxectivo ancestral facer un tránsito de estación, festexar de xeito tribal ao carón do lume a chegada da estación fría.
Para a nosa comunidade educativa tamén é un momento de encontro, no que pais e nais se achegan un día máis ao centro para participar das actividades de xeito activo.
Ao mesmo tempo, o alumnado participa na organización das actividades lúdicas e na elaboración de materiais educativos coordinados polo profesorado.
Máis info:
Cartaz do Magosto.
Achégase no documento adxunto a Circular Informativa da Convocatoria da Reunión ás Familias do Alumnado da E.S.O. e 2º P.C.P.I.