Skip to Content

admisión, concursos e premios, ABAU, exames, libros de texto, horarios, matrícula, titorías, transporte

Prematrícula para o curso 2024-2025 no IES Lucus Augusti

O alumnado de ESO e BAC do IES Lucus Augusti que estivo matriculado no presente curso 2023/24 no centro ten que facer a prematrícula para o próximo curso 2024/25 cubrindo o correspondente formulario. O prazo para realizar a prematrícula é do 22 de maio ó 5 de xuño. 

Formularios

Procedemento de reclamación ante Departamento Territorial das cualificacións de 2º de Bac.

Calendarios xerais das convocatorias:

 

Calendario de exames para a convocatoria extraordinaria de 2º bacharelato

Calendario de exames dá convocatoria extraordinaria deste curso 2023/24 para 2ºBAC.

 

I Liga de Oratoria Intercentros de Lugo

Entre os días 10 e 12 de maio tivo lugar en Lugo esta primeira edición dun torneo de debate que leva por lema "Aprendendo a entendernos" e que pretende consolidarse na cidade. A modalidade escollida tamén foi novidosa, pois trataba de ser unha combinación entre o clásico debate académico e o debate British Parliament.

Lucus Augusti participou con un equipo formado por cinco alumnas de 3º de ESO: María Vázquez SomozaÉrika de Alfonso MartínezXoana Díaz CarracedoKira Barrera Mora e Carmen Quiroga Poggio.

O noso centro alcanzou os cuartos de final, quedando entre os catro primeiros, sendo entre eles o único centro público seleccionado. Ademais, Érika de Alfonso Martínez conseguiu o trofeo á mellor oradora do certame, superando os 9 puntos sobre un total de 10.

Parabéns para todas as integrantes do equipo e resto de compañeiras e compañeiros das clases de Oratoria, que colaboraron activamente.

Imaxe

El progreso

II Concurso de interpretación Xosé Castiñeira

II Concurso de interpretación Xose Castiñeira organizado polo Conservatorio Xoán Montes de Lugo ten como gañador ó alumno do IES lucus Augusti , Iago López Núñez (frauta) e como segundo premio o tamén alumno do centro, Álex Barcala Castro (piano).

 

 

Premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 (código de procedemento ED311A) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024.

Pódese acceder á información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A ou ben  en PremiosEdu (https://www.edu.xunta.gal/premiosedu/).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut