Entre os días 10 e 12 de maio tivo lugar en Lugo esta primeira edición dun torneo de debate que leva por lema "Aprendendo a entendernos" e que pretende consolidarse na cidade. A modalidade escollida tamén foi novidosa, pois trataba de ser unha combinación entre o clásico debate académico e o debate British Parliament.
O Lucus Augusti participou con un equipo formado por cinco alumnas de 3º de ESO: María Vázquez Somoza, Érika de Alfonso Martínez, Xoana Díaz Carracedo, Kira Barrera Mora e Carmen Quiroga Poggio.
O noso centro alcanzou os cuartos de final, quedando entre os catro primeiros, sendo entre eles o único centro público seleccionado. Ademais, Érika de Alfonso Martínez conseguiu o trofeo á mellor oradora do certame, superando os 9 puntos sobre un total de 10.
Parabéns para todas as integrantes do equipo e resto de compañeiras e compañeiros das clases de Oratoria, que colaboraron activamente.
Instituto Decano de Galicia
Membro da Orden Civil de Alfonso X el Sabio
Medalla de ouro do Concello de Lugo