Skip to Content

Educación física, Actividade, Programación anual, Profesorado

Eloy Santín

Esta semana tivemos a sorte de conta no noso centro co recoñecido alpinista Eloy Santín. Un referente no mundo da montaña na comunidade autónoma de Castilla León e tamén na nosa comunidade autónoma. 

Eloy Santín é oriundo de Vega de Valcarcel, dando os seus primeiros pasos no deporte da montaña na veciña Ponferrada. Dentro das súas fazañas máis importantes, destaca  que foi capaz de ascender as 430 montañas de máis de 2000 metros que hay dentro da comunidade autónoma de Castilla León.

Tamén posue amplia experiencia na ascención de montañas nos mazizos máis importates do nos planeta como son os Alpes, a cordilleira dos Andes e o Himalaya.

Na charla que puidemos disfrutar, Eloy Santín fixo un repaso a súa trayectoria, e sobre todo, as vivencias persoais vividas na montaña, sendo este deporte unha forma de vida. 

 

Álbum: Sen categoría -> Charla Montañismo

Padel

O luns 17 de xuño, 85 alumnos de terceiro e cuarto de Eso desplazaronse as instalación do complexo deportivo D10. 

A xornada divideuse en 3 actividades:

- Padel

- Tenis

- Adestramento funcional

Os alumnos viviron de primeira man un adestramento de iniciación ós deportes citados anteriormente, da man dos adestradores do centro deportivo. Finalizando cunha pequena competición por parexas de padel.

Álbum: Sen categoría -> Xornada Padel-Tenis

Surf

Os días 12 e 14 de xuño, os alumnos de 1º e 2º da ESO disfrutron dunha sesión de bautismo en surf na mariña lucense. Conretamente o mércores acudimos a praia de Abrela, e o venres acudimos a praia de Esteiro. 

A actividade estivo dirixida por www.viveirosurfescola.com.

Complementariamente a actividade de surf, levouse a cabo unha ruta de senderismo ata o mirador da Insua. Así mesmo, os alumnos tamén puideron desfrutar de xogos ó aire libre. 

Álbum: Sen categoría -> Bautismo Surf

Escalada

Os pasados 27 e 28 de maio os alumnos de primeiro e segundo da ESO puideron desfrutar dunhas sesións no medio natural. 

En primeiro lugar, os alumnos fixeron unha ruta de senderismo polas ribeiras do Miño. A continuación, realizaron unha sesión de escalada no rocodromo que se atopa no pazo de feiras e congrsos de Lugo. Xa para rematar a sesión, realizaronse xogos alternativos ó aire libre na contorna do pazo e feiras.

Álbum: Sen categoría -> Escalada

Viaxe Vigo

O xoves 30 de maio, os alumnos de 4º de ESO e de Anatomia de 1º de BACH desfrutaron dunha viaxe a Vigo, onde tivemos a sorte de poder aprender habilidades ximnasticas acrobáticas da man dos adestradores do clube de ximnasia acrobatica FLIC-FLAC de Vigo. 

Xa pola tarde, levouse a cabo unha iniciación o Padel Surf na praia de Bouzas. Os alumnos/as puideron disfrutar desta práctica deportiva que cada día ten máis adeptos.

Álbum: Sen categoría -> Ximnasia acrobática e Padel surf

Carreira Solidaria

O día 10 de maio celebrouse nas pistas de atletismo do noso centro a carreira solidaria, a través da cal se recaudaron fondos cos que se fará unha achega o Banco de Alimentos de Lugo e a Asociación Fran Gil (https://www.asociacionfrangil.org). A cuantía recaudada supera lixereiramente o 1000€.
Queremos agradecer a todos os alumnos o esforzo realizado para lograr estos recursos.
Álbum: Sen categoría -> Carreira Solidaria
Distribuir contido


by Dr. Radut