Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Orientación

CHARLA: "DO INTERIOR DA MATERIA AO CORAZÓN DAS ESTRELAS"

Bo dia,

Para a Semana Cultural estaba prevista no noso IES unha charla titulada: " Do interior da materia ao corazón das estrelas".

Pola imposibilidade de poder facela de xeito presencial, o Programa "A Ponte entre eo ensino medio e a universidade"  ofrecerá esta charla a través de videoconferencia, o vindeiro xoves 28 de maio, ás 16:00 horas.

 

Aquí vos deixo o enlace para seguila:

 
 
No mesmo enlace tedes acceso a outras charlas interesantes.

GUIA DE ESTUDOS SUPERIORES DE GALICIA 2020-2021

Hoxe comparto unha nova edición da GUIA DE ESTUDOS SUPERIORES EN GALICIA 2020-2021, que publicou onte A VOZ DE GALICIA.

Nela podedes atopar tódalas novedades nos estudos superiores que se poderán cursar na nosa comunidade a partires de setembro.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

 

 

 

ENTRE ESTUDIANTES

A revista "Entre estudiantes" publicou de xeito gratuito o seu número de abril, que podes consultar cómodamente dende a túa casa.

No sumario podes atopar: artigos de opinión, novas, novos graos universitarios, títulos de formación profesional de grao superior, reportaxes e un listado de libros para ler na primavera.

PREME NA IMAXE e disfruta da lectura!

 

ADOLESCENTES E USO SAUDABLE DAS PANTALLAS (RECOMENDACIÓNS PARA AS FAMILIAS)

Nesta ocasión comparto unhas recomendacións claras, concretas e útiles para o día a día, que  poden axudar a xestionar o uso que nenos/as e adolescentes fan das pantallas durante estas longas semanas de confinamento.

Saudiños!

IGAXES ANTE A EMERXENCIA

Estimadas familias,

O confinamento prolongado pode poñer a proba o clima familiar e a saúde emocional de calquera de nós.

A ONG IGAXES abre un canal de atención a familias con nenos/as (calquera que sexa a súa idade), durante a emerxencia.

Se o precisades, podedes chamar ao 606089054, ou enviade un whatsapp de luns a xoves (de 9:00 a 19:00 h) e venres (de 9:00 a 15:00h).

Tamén podedes escribir un correo electrónico a familias@igaxes.org

Para maís información: https://www.igaxes.org/es/abrimos-canal-de-atencion-a-familias-con-hijos-e-hijas/

 

Se lembrades, o pasado mes de febreiro dúas técnicas desta ONG estiveron no IES impartindo unha charla para as familias,  titulada: "Educación afectivo-sexual na era da nova pornografía".

 

 

 

ACOMPAÑAMENTO NO COIDADO DO BENESTAR EMOCIONAL NA COMUNIDADE EDUCATIVA

Bo día,

Comparto neste post, a Guia de benestar emocional elaborada polo Equipo de orientación específico, que pode ser de axuda para toda a comunidade educativa nestes momentos.

 

Saudiños!

LINGUA DE SIGNOS

Bo día,

Se o curso pasado quedastes con ganas de aprender a lingua de signos, aquí tes a oportunidade de intentalo con este vídeo da Cruz Vermella.

Pode ser un bo plan para a fin de semana...

 

Pincha no enlace: 

https://www.youtube.com/watch?v=WdOsU-_OeXk&list=PLaqKTZGjmG01xgySckkoHofmTZoSTOhrk&index=32&t=4s lenguaje de signos

Saúde e sorrisos!

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAS DA UDC

Ola a todos/as,

A Universidade da Coruña ofrece aos futurosas estudantes unhas Xornadas de portas abertas virtuais.

Cando?  xoves 23 e venres 24 de abril

Horario de mañá: de 9:30 a 14:00 horas

Horario de tarde : de 16:00 a 20:00horas.

Dende a nosa casa poderemos coñecer os servizos que fan máis atractiva e sinxela a vida universitaria: residencias públicas, UDC internacional, centro de linguas, cultura, deporte, cooperación e voluntario, UDC saudable, atención á diversidade, asociacións estudantís, emprego, etc.

A oferta de Graos, aparecerá clasificada segundo as ramas de coñecemento universitario:

-Artes de humanidades

-Ciencias

-Ciencias da saúde

-Ciencias sociais e xurídicas

-Enxeñería e arquitectura

 

Disporedes de:

- Videoconferencia de cada titulación

-Vídeos de centros universitarios

- Vídeos de alumnado matriculado e alumnado titulado.

 

Acceso a través da seguinte ligazón:

 https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/

 

DISFRUTADE DAS XORNADAS!

UNHA APERTA

 

 

 

 

IMAGINA CON CRUZ ROJA

Ola a todos/as,

Como estades?

Hoxe falei con Fátima a coordinadora da Cruz Vermella de Vimianzo; se lembrades, estivo no IES o curso pasado, participando na mesa de experiencias profesionais da semana cultural, representando ao voluntariado da Cruz Vermella.

Non deixedes de ollar as actividades que propoñen ( xogos e dinámicas, talleres, consellos saudables..) para axudarnos nestes tempos dífíciles.

Espero que vos gusten!

https://www2.cruzroja.es/imagina-con-cruz-roja

Unha vez mais, moitisimas grazas, Fatima!!

Distribuir contido


by Dr. Radut