IGAXES ANTE A EMERXENCIA
Estimadas familias,
O confinamento prolongado pode poñer a proba o clima familiar e a saúde emocional de calquera de nós.
A ONG IGAXES abre un canal de atención a familias con nenos/as (calquera que sexa a súa idade), durante a emerxencia.
Se o precisades, podedes chamar ao 606089054, ou enviade un whatsapp de luns a xoves (de 9:00 a 19:00 h) e venres (de 9:00 a 15:00h).
Tamén podedes escribir un correo electrónico a familias@igaxes.org
Para maís información: https://www.igaxes.org/es/abrimos-canal-de-atencion-a-familias-con-hijos-e-hijas/
Se lembrades, o pasado mes de febreiro dúas técnicas desta ONG estiveron no IES impartindo unha charla para as familias, titulada: "Educación afectivo-sexual na era da nova pornografía".