Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAS DA UDC

Ola a todos/as,

A Universidade da Coruña ofrece aos futurosas estudantes unhas Xornadas de portas abertas virtuais.

Cando?  xoves 23 e venres 24 de abril

Horario de mañá: de 9:30 a 14:00 horas

Horario de tarde : de 16:00 a 20:00horas.

Dende a nosa casa poderemos coñecer os servizos que fan máis atractiva e sinxela a vida universitaria: residencias públicas, UDC internacional, centro de linguas, cultura, deporte, cooperación e voluntario, UDC saudable, atención á diversidade, asociacións estudantís, emprego, etc.

A oferta de Graos, aparecerá clasificada segundo as ramas de coñecemento universitario:

-Artes de humanidades

-Ciencias

-Ciencias da saúde

-Ciencias sociais e xurídicas

-Enxeñería e arquitectura

 

Disporedes de:

- Videoconferencia de cada titulación

-Vídeos de centros universitarios

- Vídeos de alumnado matriculado e alumnado titulado.

 

Acceso a través da seguinte ligazón:

 https://www.udc.es/futuros_estudantes/portas_abertas/

 

DISFRUTADE DAS XORNADAS!

UNHA APERTA

 

 

 

 



book | by Dr. Radut