Enlace ó artículo da web de bibliotecas escolares de Galicia
O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. O cartel e"pregón" deste ano 2017 pódese consultar AQUÍ.
O departamento de Educación da Consellería de Cultura, Educación e O.U, pola súa parte, vén publicando desde 2008 uns carteis que pretenden facer visibles as distintas oportunidades e posibilidades da biblioteca escolar, porque o Día 24 de outubro é tamén o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, por ser esta unha biblioteca esencial xa que por ela pasa toda a poboación escolar dun país. Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora do fértil mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego. Aprender a pensar coa biblioteca escolar, o lema elixido nesta ocasión, convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa.
As bibliotecas dos centros galegos acostuman celebrar este día cunha variedade de actividades. Iniciamos así a difusión dalgúns exemplos:
- CEE Terra de Ferrol (Ferrol, A Coruña): Galería de fotos
- CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Vigo, Pontevedra):Mochilas viaxeiras;Presentación PDI Palabras que trae o mar; Día da biblioteca
- CEIP Andrade (Pontedeume, A Coruña): Programación do Día da Biblioteca
- CEIP Cabada Vázquez (A Estrada, Pontevedra): Homenaxe a García Teijeiro
- CEIP Cabanas- Salcedo (Pontevedra): Caixiñas lectoras
- CEIP Canosa- Rus (Coristanco, A Coruña): A biblioteca está de festa
- CEIP de Carballedo (Cotobade, Pontevedra): Certame de ambientación de portas
- CEIP de Celeiro (Viveiro, Lugo): Exposicións e posta en marcha de actividades como apadriñamentos ou mochilas.
- CEIP de Cervo (Cervo, Lugo): Presentación do PDI e Sesión de contacontos
- CEIP de Cespón (Boiro, A Coruña): Actividades do proxecto sobre os animais e saída de mochilas
- CEIP Chano Piñeiro (Gondomar, Pontevedra): Programa de actividades
- CEIP Coirón- Dena (Meaño, Pontevedra): Bibliotecas Escolares e Mulleres Escritoras
- CEIP Couceiro Freijomil (Pontedeume, A Coruña): Entrega de caixas de lectura para as aulas
- CEIP P. de Covas (Viveiro, Lugo):Presentación da mascota
- CEIP P. Curros Enríquez (Celanova, Ourense): Programa de actividades
- CEIP Eduardo Pondal (Vigo, Pontevedra):Programación de actividades
- CEIP Eladia Mariño (Cabanas, A Coruña): Palabras do dereiro e do revés
- CEIP de Foz Nº 1 (Foz, Lugo) : Dramatización do conto Pequeno azul e pequeno amarelo
- CEIP P. de Frións (Ribeira, A Coruña): Elaboración de marcapáxinas
- CEIP do Hío (Cangas, Pontevedra): Entrega de caderno de Campo e apadriñamentos lectores
- CEIP Igrexa-Candeán (Vigo, Pontevedra): Xincana Misión Platurno; blog
- CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña): Elaboración de marcapáxinas; mochilas viaxeiras
- CEIP Lamas de Abade (Santiago de Compostela, A Coruña): Elaboración de lemas
- CEIP de Leirado (Salvaterra de Miño, Pontevedra):Programación de actividades ; Xornada escornabótica e artística
- CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela, A Coruña): Xornada de portas abertas; Semana da AMI
- CEIP A Maía (Ames, A Coruña): Selección de libros
- CEIP P. Manuel Bermúdez Couso (Pobra de Trives, Ourense): Programa de actividades
- CEIP Manuel Murguía (A Coruña): Inicio do proxecto anual
- CEIP Nicolás del Río (Cedeira, A Coruña): Actividades do Día da Bibliioteca
- CEIP Parada- Campañó (Pontevedra): Rap da biblioteca
- CEIP A Paz-Tintureira (Vigo, Pontevedra): Presentación do traballo anual
- CEIP de Pazos (Ferrol, A Coruña): Programa de actividades
- CEIP P. A Pedra (Bueu, Pontevedra): Presentación do proxecto anual
- CEIP Pena de Francia (Mos, Pontevedra): Mochilas viaxeiras
- CEIP Pintor Laxeiro (Vigo, Pontevedra): Programa de actividades; Guía de lecturas; blog
- CEIP da Pobra do Brollón (A Pobra de Brollón, Lugo): Actividades
- CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo, A Coruña): Pensando desde a biblioteca; Galería de imaxes; Revolución robótica
- CEIP da Pontenova ( A Pontenova, Lugo): Actividades do Día da Biblioteca
- CEIP de Ponte Sampaio (Pontevedra): Marcapáxinas e mochilas viaxeiras
- CEIP de Présaras (Vilasantar, A Coruña): Recomendación de libros
- CEIP P. Profesor Albino Núñez (Ourense): Presentación e traballo de investigación sobre as bibliotecas
- CEIP Ramón de Valenzuela (Silleda, Pontevedra): Vídeo "Aprender a Pensar"
- CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei, Lugo): Presentación do proxecto, dos voluntarios e reparto de mochilas viaxeiras
- CEIP de Randufe (Tui, Pontevedra):Contacontos, mochilas viaxeiras e outras actividades
- CEIP Ría de Vigo (Vigo, Pontevedra): Actividades no blog
- CEIP Rogelio García Yañez (Ramirás, Ourense): Contacontos
- CEIP Saco e Arce (Toén, Ourense): Cartel
- CEIP A Sangriña (A Guarda, Pontevedra): Programación da Semana das Bibliotecas; Visita de Xosé Tomás
- CEIP Santa Baia (Boiro, A Coruña): Programa de actividades
- CEIP Santiago Apóstolo (Mugardos, A Coruña): A hora do conto
- CEIP de Seixo (Marín, Pontevedra): Celebración especial da Hora de ler
- CEIP de Sobrada (Tomiño, Pontevedra): Bibliotecas peculiares
- CEIP Sobreira - Valadares (Vigo, Pontevedra): Programación do Día da Biblioteca
- CEIP Torre - Cela (Bueu, Pontevedra): Programación do Día das Bibliotecas
- CEIP Vales Villamarín (Betanzos, A Coruña): Exposición sobre a Idade Media
- CEIP Vicente Otero (Carral, A Coruña): Que é unha biblioteca para ti?
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Programa de actividades
- CEIP Virxe do Carme (Burela, Lugo): Programa de actividades
- CEIP Virxe do Carme (Sober, Lugo): Programación do Día da Biblioteca
- CEIP Vistahermosa (Ourense): Actividade con robots
- CEP Lois Tobío (Viveiro, Lugo): Concurso de deseño da mascota; Imaxes
- CEP P. Riomaior (Vilaboa, Pontevedra): Programa de actividades; O pracer de ler
- CEP Xosé María Brea Segade (Rianxo, A Coruña): Presentación do PDI
- CPI Antonio Faílde (Coles, Ourense): Entrega de mochilas viaxeiras
- CPI da Cañiza (A Cañiza, Pontevedra): Formación de usuarios; 15 retos para outubro ;Como nos ves?
- CPI Manuel Suárez Marquier: Programa do Día da Biblioteca; Resumo da xornada; recomendacións lectoras
- CPI As Revoltas (Cabana de Bergantiños, A Coruña): Agasalla un empréstimo
- CPI Viaño Pequeno (Trazo, A Coruña): Programación de actividades
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño, A Coruña): Onde o mundo se chama biblioteca
- CRA Amencer (Ribadavia, Ourense): Actividade do Día da Biblioteca
- CRA de Oroso (Oroso, A Coruña): Visita á biblioteca central do CRA
- CRA de Rianxo (Ranxo, A Coruña): Recompilación de xogos populares e bibliopatio
- EEI Barrionovo (Arteixo, A Coruña): Programa de actividades ; Faladoiro sobre bibliotecas
- EEI Fina Casalderrey (Pontevedra): Mochilas viaxeiras e contacontos
- EEI San Roque (Viveiro, Lugo):Elaboración de pisapapeis
- EEI de Vilarrodís-Oseiro (Arteixo, A Coruña): Formación de usuarios
- IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra): Aprendendo con libros
- IES Celanova Celso Emilio Ferreiro (Celanova, Ourense): Ilustración d´A morte en Samarcanda
- IES Concepción Arenal (Ferrol, A Coruña): Escolma de libros
- IES Chano Piñeiro (Forcarei, Pontevedra): Vídeo-presentación da biblioteca e recursos do centro
- IES de Fene (Fene, A Coruña): Actividades para o Día da Biblioteca
- IES Fernando Esquío (Fene, A Coruña): No 24 de outubro falamos de... ;No día das Bibliotecas Escolares, Sir Walter Scott
- IES Gregorio Fernández (Sarria, Lugo): Concurso de booktubers
- IES Johan Carballeira (Bueu, Pontevedra): Programación e cartel "Libros ás rúas"
- IES Lamas do Castelo (Carnota, A Coruña): Mergullándonos na Biblioteca
- IES de Melide (Melide, A Coruña):Bibliotecas na Segunda República
- IES do Milladoiro (Ames, A Coruña): Programa de actividades
- IES de Monelos (A Coruña): Actividades de fomento da lectura
- IES Monte das Moas (A Coruña): Formación de usuarios
- IES Nosa Sra. dos Ollos Grandes (Lugo): Concurso de escritura rápida e outros.
- IES Pazo da Mercé (As Neves, Pontevedra): Vídeo Que é para ti a biblioteca?
- IES A Pinguela (Monforte de Lemos, Lugo): Vídeo do Día da Biblioteca
- IES Pino Manso (O Porriño, Pontevedra):Programa de actividades
- IES Punta Candieira (Cedeira, A Coruña) : Sesión de formación de usuarios
- IES de Quiroga (Quiroga, Lugo): Visita de Xurxo Souto
- IES Rafael Dieste (A Coruña): Exposición e formación de persoas usuarias
- IES Ribeira do Louro (O Porriño, Pontevedra): Lectura de manifesto e selección de libros
- IES San Paio (Tui, Pontevedra): Pregón de Alejandro Palomas, vídeo sobre bibliotecas, Biblioxornal
- IES Terra do Xallas (Santa Comba, A Coruña): Proxección e roteiro literario por Santiago
- IES Urbano Lugrís (A Coruña): Voluntariado na biblioteca
Iranse subindo algúns exemplos máis, porén, unha visita aos blogues de PRIMARIA ou SECUNDARIA permitirá coñecer a actividade que se desenvolve en moitas bibliotecas escolares neste comezo de curso. Convidámos á facer esta exploración nestes días finais de outubro, mes da Biblioteca Escolar segundo propón a IASL