(23-01-2019)
Profesores e alumnos do Ies Johan Carballeira, da familia de Imaxe Persoal, desprazámonos no día de onte ás instalacións da TVG en San Marcos, Santiago de Compostela.
Unha vez alí visitamos, Estilismo, os Platós de informativos, e en especial as salas de Peiteado e Maquillaxe nas que tivemos o pracer de observar o persoal traballando.
En conclusión, unha visita moi interesante e directamente relacionada coas posibles saídas profesionais do noso alumnado.
Agradecemos a todo o persoal que nos recibiu e en especial ó Departamento de Relacións Públicas ,pola súa amabilididade e facilidades para facer posible a visita.
Enlace ó vídeo do programa da TVG
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/a-revista-4018178?t=654