Está mañá, dentro do Plan Proxecta 2021-2022: Por 365 días de respecto e igualdade, subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, representouse no salón de actos para o alumnado de 4º da ESO a peza Teatral "Golpes", coa actriz Estíbaliz Veiga.
Esta obra, encadrada na Semana en contra das violencias do IES Johan Carballeira, visibiliza a escaleira de violencia que se pode crear a partir dunha relación desigual, representando a Pamela, unha muller que sobrevive ás violencias machistas e que conta a súa historia. Faino dun xeito directo, sen retoques, para facer reflexionar ao alumnado sobre a realidade vivida na súa pel e na de moitas.