Escolares

FITOFALADOIRO

Enviado por admin o Xov, 16/06/2022 - 20:09

 

Durante este curso 2021-2022 o noso centro participou no proxecto Fitofaladoiro Ons, incluído dentro do Plan Proxecta, cuxo obxectivo principal consistiu en facer unha labor de investigación sobre o tipo de vexetación da nosa contorna máis próxima. O ámbito familiar e veciñal foi unha das principais fontes de información acerca dos nomes e diferentes usos das plantas, que os propios rapaces e rapazas rexistraron nun herbario. A concienciación da importancia de preservar o noso patrimonio e do proveito da memoria colectiva así como o fomento do uso do galego, foron outros dos obxectivos que promoveron as actividades incluídas no proxecto.

     Na web do FITOFALADOIRO ONS recóllense os resultados deste traballo no que, ademais da Biblioteca, participaron os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Lingua e Literatura Galega, Educación Física e Debuxo.

VIDEOS PRESENTACIÓN DO IES ILLA DE ONS

Enviado por admin o Lun, 04/05/2020 - 19:26

MUSICAL MISERÁBEIS

Enviado por admin o Dom, 20/10/2019 - 19:24
30/10/2019 21:00
30/10/2019 21:00
Etc/GMT+1

O musical Miserábeis fai unha revisión contemporánea e feminista, integramente en lingua galega, da novela do escritor francés Victor Hugo. A historia transcorre na Francia do séc. XIX e das revolucións de 1830 con referencias a temas actuais como a loita pola liberdade, a desigualdade social, a coraxe ou a revolución do pobo. Este espectáculo, galardoado co Premio de Innovación Educativa en dinamización lingüística (2018-19) da Xunta de Galicia, ofrece unha adaptación teatral e musical propia, que concentra en escena a máis de medio centenar de membros da comunidade educativa -profesorado, alumnado entre 12 e 16 anos, persoal non docente…-, nunha aposta única dende o ensino público para educar na igualdade dende unha aprendizaxe cooperativa e interdisciplinar.

( categories: )

TEI. Titoría Entre Iguais

Enviado por admin o Dom, 06/11/2016 - 19:39
08/11/2016 10:30
08/11/2016 11:20
Etc/GMT+1

O martes día 8 ás 10,30h. acto den entrega de carnets do proxecto TEI.

( categories: )

Roteiro Castelao

Enviado por admin o Mar, 01/12/2015 - 20:05
03/12/2015 09:00
03/12/2015 14:25
Etc/GMT+1

 

En Pontevedra con Castelao

 

O alumnado de 4º ESO desprazarase este xoves día 3 ata Pontevedra para saber máis

deste insigne persoeiro da cultura galega, cuxa obra deben estudar no presente

trimestre. Visitarase o espazo Castelao do Museo de Pontevedra, que tanta relación

ten co rianxeiro, onde terán a oportunidade de realizar actividades a partir da súa

obra gráfica. Máis tarde e acompañados por un guía do Concello, efectuarase o

Roteiro Castelao, o cal consiste nun paseo pola parte histórica da cidade visitando

todos aqueles lugares relacionados con este pontevedrés de adopción.

 

 

 

 

CHARLA "NAVEGA CON RUMBO"

Enviado por admin o Xov, 12/02/2015 - 08:35
23/02/2015 12:45
23/02/2015 14:25
Etc/GMT+1

O día 23 de febreiro de 2015 teremos dúas charlas informativas impartidas por un enxeñeiro informático para explicarlles aos alumn@s a  utilización responsable e segura de internet.

Os alumnos de 1º e 2º da ESO asistirán en horario de 12,45 ata 13,35h.

Os alumnos de 3º e 4º ESO  asistirán en horario de 13,35 ata 14,25h.

( categories: )

CONCERTO-PRESENTACIÓN DE "MANXADOIRA"

Enviado por admin o Mér, 28/01/2015 - 05:55

( categories: )

Magosto 2014

Enviado por admin o Dom, 09/11/2014 - 08:01
10/11/2014 16:00
10/11/2014 17:40
Etc/GMT+1

o vindeiro  luns día 10 de novembro celebraremos o magosto.

Os alumn@s de 4º da ESO serán coma sempre os encargados de facer os preparativos e asar marabillosamente as castañas que cada un de nós levaremos ao instituto.

( categories: )

Entroido2012

Enviado por admin o Ven, 02/03/2012 - 05:41

>

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

( categories: )

Contando contos aos cativos

Enviado por admin o Mar, 20/12/2011 - 19:07

19 de decembro de 2011

O luns 19 cinco alumnas do instituto foron a contarlles  uns contos aos cativos de 3 anos do CEIP  A Pedra.

Susana López Romero e Ángela Villanueva González contaron  2 contos: "A vaca que puxo un ovo" e "Lobo Buzú está namorado"

Iria Rosas Regueira e Lucía Fernández Amoedo contaron  2 contos : " O incrible neno devorador de libros" e  ¿Onde perdeu Lúa a risa?

María Mercedes Pretel González contoulles o conto : " Aínda nada?"

No  segundo trimestre voltaremos con máis historias para contarlles.

Distribuir contido