Novas

Libros de texto e material didáctico - Curso 2024/2025

Enviado por Secretaría o Xov, 11/07/2024 - 08:47

Publícase a relación de libros de texto e material didáctico que se utilizarán durante o vindeiro curso 2024/2025.

Acceda ao ficheiro anexo para coñecer o detalle por niveis e materias de cada recurso:

( categories: )

ED330B - Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2024/25

Enviado por admin o Xov, 23/05/2024 - 04:40

ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (código de procedemento ED330B).

DOG Núm. 96 do 20 de maio de 2024

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexos I e II), dispoñible na aplicación informática Fondolibros, a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e Chave365.

Así mesmo, a aplicación informática permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

Prazo de presentación:

21/05/2024 - 21/06/2024

Resumo de fondo e axudas:

O noso centro participa no proxecto E-DIXGAL en todos os níveis da ESO polo que non é posible solicitar o fondo solidario de libros de texto. As familias só poderán solicitar axudas para adquisición de material escolar de acordo cos seguintes criterios:

 

No ficheiro adxunto indícase a documentación a achegar e o cálculo da renda per cápita.

 

( categories: )

Taekwondo - Campeonato de España Poomsae e Freestyle 2024

Enviado por admin o Lun, 06/05/2024 - 09:25

Nesta fin de semana celebrouse en Monforte de Lemos o Campionato de España Poomsae e Freestyle 2024.
Non podemos por menos que felicitar a nosa alumna Nuria Rodríguez Iglesias polos éxitos alcanzados neste encontro deportivo:

  • Campioa de España na categoría Freestile quinteto mixto 12-17 anos.
  • Subampioa  de España na categoría Freestile individual feminino 12-17 anos.

Estos resultados garanten a súa participación no Campionato do Mundo que se celebrará e Hong Kong en decembro deste ano 2024.
Aproveitamos a ocasión para felicitar tamén a súa irmá e exalumna Iria Rodríguez Iglesias polo seu logro deportivo:

  • Campioa de España na categoría Freestile quinteto mixto 18 anos.

A seguinte cita será no Open de Madrid o vindeiro 15 de xuño.
Parabéns e a seguir loitando!

 

Reservas de praza e admisión de alumnado para o curso 2024/2025

Enviado por admin o Xov, 29/02/2024 - 08:46

Reservas de praza e admisión de alumnado para o curso 2024/2025

a)    Normativa reguladora do procedemento de reserva e admisión.
     -  Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG Núm. 29 do 11/02/2022)
     -  Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG Núm. 212 do 08/11/2022)
b)    Prazo de presentación das solicitudes de reserva.
       O CEIP Plurilingüe Montemogos e o CEIP Plurilingüe Torre – Cela están adscritos ao noso Instituto de Ensino Secundario.
       As solicitudes de reserva serán presentadas en cada centro adscrito desde o 15 de xaneiro ao 06 de febreiro de 2023.
c)    A data de publicación de alumnado con praza reservada será o 22 de febreiro.
d)    Para anular unha reserva, deberase presentar unha solicitude no centro de adscrición con data límite do 28 de febreiro.
e)    Postos escolares ofertados:
       O CEIP Plurilingüe Montemogos e o CEIP Plurilingüe Torre – Cela están adscritos ao noso Instituto de Ensino Secundario.
       Todas as súas reservas de praza foron admitidas e xa están asignadas para o vindeiro curso.
       As prazas vacantes para a admisión de alumnado son as detalladas a continuación:

Curso

Grupos

Prazas

Vacantes

1º ESO

2

54+6 NEAE

27

2º ESO

2

60

19

3º ESO

2

60

17

4º ESO

2

60

23

 

f)    Prazo de presentación de solicitudes de admisión: do 1 de marzo ao 20 de marzo de 2024

      Documentación para a presentación
      -  Solicitude segundo o Anexo II da orde.
      -  Anexo II-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)
      -  Copia do DNI, NIE ou pasaporte da alumna ou alumno que solicite praza.
      -  Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
      -  No caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
         (Para realizar as copias da documentación requirida, é preferible achegar os orixinais).


Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación “AdmisionAlumnado”, que posibilita que os  proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

g)   A área de influenza do IES Illa de Ons é a suma das áreas do CEIP Plurilingüe Montemogos e do CEIP Plurilingüe Torre – Cela.
h)   O IES Illa de Ons oferta transporte escolar gratuíto para aquel alumnado que resida dentro das súas áreas de influenza.
i)    Publícase como anexo o calendario do procedemento cos diferentes prazos para cada un dos diferentes pasos.
j)    Información complementaria:
      -  Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.
Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
      -  O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
      -  En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da citada orde.

( categories: )

Calendario escolar 2023/2024

Enviado por admin o Xov, 07/09/2023 - 13:33

( categories: )

IV Gala dos Premios á Xuventude - Deputación de Pontevedra

Enviado por Secretaría o Lun, 21/12/2020 - 07:00

O sábado día 19 celebrouse a IV Gala dos Premios á Xuventude no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra. Os Premios á Xuventude premian os traballos presentados en oito categorías distintas por mozos e mozas da provincia de entre 16 e 35 anos, aínda que no caso do apartado de Educación en Valores están dirixidos especificamente aos centros educativos. Nesta edición o noso centro obtivo o segundo premio neste apartado.

Queremos felicitar ás alumnas e alumnos de 4º de ESO do pasado curso 2019/2020 e ao profesorado que coordinou o proxecto Podcast: "Unha historia digna de contar".

Nomeadamente queremos destacar o entusiasmo e a organización de Diana e Quique e a colaboración das familias na elaboración destes contidos que podedes volver a experimentar no seguinte enlace:

Proxecto Podcast: Unha historia digna de escoitar

NORMAS E ORGANIZACIÓN COVID..

Enviado por admin o Ven, 25/09/2020 - 07:58
( categories: )

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS.

Enviado por admin o Lun, 14/09/2020 - 12:28

 

Estimadas familias,

En breve comeza un curso atípico e comprendemos que son moitas as dúbidas que tedes en relación a como se vai desenvolver. Dende o mes xullo, estamos traballando e preparando o centro para convertelo nun entorno o máis seguro posible para todos. Como sabedes, a situación e as instrucións da Consellería son cambiantes, o cal non facilita a organización deste curso escolar. A previsión  do mes de xullo viuse completamente alterada polas instrucións recibidas a comezos do mes de setembro. O adiamento do comezo das clases é unha decisión completamente allea a nós.

A dirección do IES Illa de Ons quere deixar claro que estamos traballando para que o alumnado poida ter as súas clases presenciais nas mellores condicións. A parte da organización de aulas e espazos, solicitamos un profesor a maiores, aínda pendente de confirmación. Sen esta confirmación é imposible elaborar un horario e polo tanto, comezar as clases.

As medidas preventivas que deseñamos son as seguintes:

    • Distancia de seguridade: os pupitres están separados por unha distancia de 1,5 metros ( tal e como se indica nas instrucións recibidas  en setembro, distintas as que viñan ditaminadas anteriormente). Esta distancia deberá manterse en todas as instalacións do centro. Para garantir que todos os grupos se axusten a esta medida, tivemos que reconverter aulas específicas en aulas de clase normal (aula de plástica, salón de actos etc...).


    • Extremar a hixiene de mans: o alumnado lavará as mans con frecuencia. Na entrada do instituto hai dúas “torres” con dispensador de hidroxel. Ademais, todas as aulas contan con dispensadores de hidroxel e panos de papel.  

• Respectar aforos: en todas as dependencias do centro están sinalados os aforos permitidos. O alumnado deberá respectar estes aforos e esperar quenda.   

  • Hixiene e desinfección das instalacións: intensificouse o servizo de limpeza, incorporando persoal no servizo da mañá.


    • Toma de temperatura: o alumnado deberá tomarse a temperatura antes de acudir ó centro.En caso de presentar febre (≥37,5ºC) ou outros síntomas compatibles coa Covid19, o alumnado non poderá acudir e a familia deberá informar por teléfono da súa ausencia (poremos á disposición das familias unha “enquisa de autoavaliación clínica do Covid” para poder indentificar os síntomas).


    • Uso obrigatorio da máscara: todo o alumnado e persoal do centro deberá utilizar unha máscara cirúrxica desbotable, re-utilizable ou hixiénica e tela colocada de forma correcta durante toda a xornada escolar e en cualquer dependencia do centro (interior ou exterior). O alumnado debe traer unha máscara de reposto.

Outras medidas organizativas:

 -Unidades de convivencia: o alumnado permanecerá nas aulas de referencia en todas as materias comúns ó grupo. Evitarase na medida do posible os desprazamentos e cambios de aula. Ademais, explicarase ó alumnado qué zonas poden utilizar dacordo á unidade de convivencia á que pertencen. Todos os corredores e dependencias estarán debidamente sinalizados para facilitar os desprazamentos e accesos.


    -Accesos ó centro e horarios: cada unidade de convivencia utilizará portas de acceso diferentes para evitar aglomeracións. O alumnado de 1 e 2º ESO accederá pola porta principal, o alumnado de 3º e 4º ESO accederá o recinto pero serán desviados a un corredor lateral que conduce á porta traseira. O día da presentación explicaráselles todas as instrucións con respecto ó protocolo.


    -Recreos: habilitáronse dous espazos para o recreo. Transformouse o aparcamento do profesorado para poder crear un segundo patio. O alumnado poderá utilizar exclusivamente a zona de patio acoutada para a súa unidade de convivencia e os aseos correspondentes.


    -Titorías: mentres dure esta situación epidemiolóxica as reunións e entrevistas co profesorado realizaránse con carácter xeral a través de comunicación telefónica ou videochamada. Agás, a primeira reunión dos titores coas familias que consideramos esencial e que polo tanto faremos de forma presencial.


    -Trámites coa administración ou entrevista cos membros do equipo directivo: será necesario ter cita previa para realizar calquer trámite de forma presencial.

Datas de inicio de curso.
Segundo a consellería os días de comezo son:
    -mércores 23 de setembro: 1º e 2º ESO
    -xoves 24 de setembro: 3º ESO
    -venres 25 de setembro: 4º ESO
O horario de estes tres días está sen determinar. En canto teñamos esa información, publicarémola na páxina web do noso instituto.

O equipo directivo do IES Illa de Ons é consciente de que estes cambios de última hora poden xerar problemas ás familias.Cómpre destacar que son decisións alleas ó centro e determinadas por cambios continuos dende a Consellería.

Atentamente,

A dirección.

( categories: )

VIDEOS PRESENTACIÓN DO IES ILLA DE ONS

Enviado por admin o Lun, 04/05/2020 - 19:26

Manual de navegación por internet.

Enviado por admin o Xov, 08/10/2015 - 13:35

( categories: )
Distribuir contido