CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA: 20 DE FEBREIRO DE 2018

Tagged:

     

O Equipo da Biblioteca, o E.D.L, xunto cos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá quixemos darlle unha marcada dimensión festiva a este día, implicando á maior parte do noso alumnado na preparación dun espectáculo sobre a obra de Rosalía de Castro e participando no Caldo de Gloria, proposto pola fundación Rosalía de Castro.

Todos os cursos de ESO fixeron versións de poemas de Cantares gallegos e de Follas novas con música e dramatizacións, mentres que os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato leron fragmentos da obra escrita en castelán da autora: La hija del mar, Lieders, Las literatas, En las orillas del Sar. Ao remate da sesión compartimos un reconfortante “caldo de gloria”, emulando á protagonista do poema Miña casiña, meu lar, quen logra arrincar á miseria o sustento necesario para seguir adiante e manter acesa a faísca da esperanza. Cómpre resaltar a implicación do departamento de hostelaría, de Miguel Caruncho, e dos alumnos e alumnas de FP Básica, que cociñaron e serviron un caldo marabilloso, que nos soubo que la mar.

       

        

        
  

FICHA DA NOVA EN RADIOFUSIÓN