FORMADOS E PROFESIONAIS
"Formados e profesionais. FP Hostalaría" desenvolverase de forma secuencial, cun encontro en cada centro. Neles, ofrecerase un almorzo, un aperitivo e unha comida elaborada polo alumnado do centro, farase un percorrido guiado e realizarase un coloquio entre todos os participantes na sesión. Ademais, haberá un showcooking a cargo dun chef, que podería ser incluso ex-alumno do propio centro no que se desenvolva.
Polo tanto, búscase amosar as instalacións e recursos que teñen os principais centros de FP galegos de Hostalaría, que se fai neles e, da man dos chefs convidados, a onde se pode chegar tras cursar estes estudos.
O noso centro centro contou coa colaboración de varios exalumnos , que desenvolveron a súa vez unha serie de interesantes actividades:
- O chef Iván Domínguez, con un showcooking baixo o titulo "Cien por cien Galicia, cien por cien estacional, cien por cien artesano”
-O Sumiller Daniel Carballeira , con unha cata comentada de viños xenerosos e unha charla sobre a figura do sumiller no restaurante .
- O Asesor Barista Fernando Rojas, con unha carla sobre o orixe do cafe e como degustalo, celebrando un taller de elaboración de cafés de distintos orixes en distintos tipos de cafeteiras
A xornada contou coa presenza de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume, Manuel Corredoira, Director Xeral de FP e Indalecio Cabana, Xefe territorial de educación.