CONVIVENCIA DEPORTIVA NO IES DAVID BUJAN DE CAMBRE

Tagged:
25/01/2017 19:46
Atlantic/Bermuda

MULTIDEPORTE NO IES DAVID BUJAN PARA OS ALUMNOS DE 3º DA ESO

 convivencia_deportiva.jpg

O pasado mércores día 15 de xaneiro, e coordinado polo departamento de Educación Física, os alumnos de 3º curso da ESO participaron xunto o IES David Buján nunha xornada de convivencia deportiva nas instalacions do instituto de Cambre. Acudiron un total de 25 rapaces e rapazas do noso centro, acompañados polos profesores Alvaro e Susana, a disputar varias competicións tanto en categoría masculina como feminina. 

Comenzou a actividad cos partidos de bádminton tanto de individuais como en dobles. En total, dos seis partidos xogados os nosos alumnos gañaron catro.

No baloncesto o marcador tanto en feminino como masculino o resultado decantouse para os Eumeses. Pode ser que nestes dous deportes influira que son os que se entán a traballar nas clases de Educación Física e polo tanto se puxeran en práctica as habilidades aprendidas. 

En fútbol e floorball a victoria en ámbalas categorías foi para os de Cambre o que deixaba o marcador realmente apretado. 

Por último e como fin de actividade disputouse un un brilé mixto o cal non se puido finalizar por falta de tempo. 

Reforzouse o obxetivo de convivencia coa inclusión dos nosos alumnos no tempo de lecer do instituto de Cambre. 

A actividade podemos calificala de satisfactoria e incluso hai quen pedía volver a repetila o mais pronto posible. 

ACCESO AO ALBÚM