FILOSOFÍA 2016/17

18/11/2016 10:10
Atlantic/Bermuda

DIA MUNDIAL DA FILOSOFÍA

Desde o departamento de Filosofía  queremos convidar a toda a comunidade educativa a partillar, ainda que sexa durante uns instantes, o Día Mundial da Filosofía (o terceiro xoves de Novembro).

Con este motivo fixemos unha pequena recensión de textos clásicos (Epicteto, Kant e Platón) que tamén repartiremos en pequenos caderniños entre alumnado e docentes. En realidade está dedicado á toda á comunidade educativa, pois sempre foi unha preocupación de todos os filósofos a cuestión de como educarnos ao longo de toda a nosa vida. No fin de contas todos os tempos foron malos para a Educación. Este caderno pretende ser o inicio dunha colección mensual que sexa como un recordatorio do lugar da filosofía na nosa civilización e estarán sempre un número deles dispoñíbeis na Biblioteca.


Un pequeno obsequio para todos vós con gratitude.

Acceso ao documento