FEBREIRO 2016

Tagged:
08/04/2016 08:34
Atlantic/Bermuda

O IES FRAGA DO EUME GAÑADOR DO PREMIO CONCEPCION ARENAL , DE PROXECTOS EDUCATIVOS  PARA IGUALDADE DE XÉNERO.

 

A área de Igualdade da Deputación entrega os premios Concepción Arenal a centros de ensino de Coristanco, Ferrol e Pontedeume

A área de Igualdade da Deputación entrega os premios Concepción Arenal a centros de ensino de Coristanco, Ferrol e Pontedeume

13 de Abril de 2016

A área de Benestar Social, Educación e Políticas da Igualdade de Xénero da Deputación da Coruña entregou na tarde deste mércores día 14 de abril os premios Concepción Arenal a proxectos educativos para a igualdade de xénero que recaeron no C.E.I.P. de Canosa-Rus de Coristanco na modalidade de Educación infantil, o C.E.I.P. Plurilingüe San Xoán de Filgueira de Ferrol en Educación Primaria e o I.E.S. Fraga do Eume, de Pontedeume para Educación Secundaria.

A deputada Ánxela Franco, responsable da área de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero entregou os premios nun acto que tivo lugar no Salón de Plenos da Deputación da Coruña no que participaron representantes do profesorado dos centros que elaboraron os proxectos gañadores.

"As aulas, o ámbito escolar, é fundamental para a eliminación do machismo que é tamén o obxectivo ao que quere contribuír este certame", sinalou Ánxela Franco no acto de entrega dos premios que, nesta edición, consistiron nunha achega de 5.000 euros máis unha figura coa imaxe de Concepción Arenal, de quen recoñeceu o relevante papel histórico na defensa da igualdade das mulleres. "Estou certa de que o premio será moi ben empregado. Son consciente de que en tempos de recortes a educación e a igualdade sofren e nós temos seguridade de que este certame reverterá en beneficio do alumnado de cara á igualdade", engadiu, nun acto no que recolleron os premios docentes dos tres centros de ensino.

Ánxela Franco, agradeceu a implicación e participación de todos os centros de ensino e parabenizou aos gañadores por desenvolver uns proxectos dos que desexou, segundo dixo, que non sexan só aplicados nos propios centros senón que irradien nas súas comunidades sociais e que sirvan de modelo para eliminar a discriminación.

Na Modalidade A, de Educación Infantil, o centro gañador foi o C.E.I.P. de Canosa-Rus, do concello de Coristanco, co seu proxecto "Sementando a igualdade no rural". O xurado no seu fallo valorara, entre outras razóns, a implicación de toda a comunidade educativa, incluíndo ás familias e outras organizacións da contorna.

En Educación primaria, o gañador é o C.E.I.P. Plurilingüe San Xoán de Filgueira, do concello de Ferrol, co seu proxecto "Todas e todos contamos". O xurado valorou a implicación do persoal docente e non docente no proxecto, incluíndo a persoal de servizos do propio centro e incluso a outro tipo de organizacións (ONG, concellos, etc.). Destácase tamén a variedade de actividades incluídas así como a cantidade de recursos empregados (literatura, cine, teatro, exposición fotográfica, etc.).

En canto á terceira das modalidades, referida a Educación secundaria, o proxecto gañador foi o presentado polo I.E.S. Fraga do Eume, do concello de Pontedeume, co "Proxecto Amazonas. Observatorio de xénero. Laboratorio de igualdade". Con carácter comarcal, que implica tamén a persoal do concello de Cabanas, o proxecto destínase non só ao alumnado senón tamén a persoal docente e a familias. Contempla a creación dun Observatorio de xénero, con impacto no centro e na contorna, chegando a definir as súas funcións principais; e un plan de avaliación definindo indicadores de tipo cuantitativo e cualitativo e os instrumentos avaliativos a empregar.

 

 http://xornalgalicia.com/localidades-de-galicia/138-a-area-de-igualdade-da-deputacion-entrega-os-premios-concepcion-arenal-a-centros-de-ensino-de-coristanco-ferrol-e-pontedeume

http://www.ferrol360.es/centros-de-ferrol-y-pontedeume-reciben-los-premios-concepcion-arenal-a-la-igualdad/

https://www.dicoruna.es/novas?id_evento=700

  

La Diputación premia al IES Fraga do Eume y el colegio San Xoán de Filgueira

Han ganado el premio Concepción arenal de Proxectos Educativos para a igualdade de xénero

El CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira de Ferrol en Educación Primaria; y el IES Fraga do Eume, de Pontedeume, son los tres centros educativos que han ganado el premio Concepción arenal de Proxectos Educativos para a igualdade de xénero, convocado por la Diputación. Con respecto al de Ferrol el jurado valoró la implicación del personal docente, concello y oenegés; y sobre el de Pontedeume, su carácter comarcal al contemplar la creación de un observatorio de género.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/pontedeume/2016/02/24/educacion-premiados-ies-fraga-do-eume-colegio-san-xoan-filgueira/0003_201602F24C7997.htm

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/centros-ferrol-ganadores-concepcion-arenal/20160223233422147147.html

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2016/02/24/tres-centros-coruneses-ganan-premios/1044627.html

http://agencias.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=2109825

http://www.ferrol360.es/ceip-san-xoan-de-filgueira-e-ies-fraga-do-eume-premiados-por-proyectos-sobre-igualdad/