O pasado luns, 13 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO e 1º de BAC tivo a oportunidade de escoitar en primeira persoa á activista feminista rumana Amelia Tiganus.
Na charla, organizada polo concello de Cabanas en colaboración co departamento de orientación do IES Fraga do Eume, Amelia insistiu en que as mulleres teñen dereito a gozar dunha sexualidade libre, pracenteira e en igualdade de condicións. Recalcou que mentres haxa homes que paguen por obter pracer non imos conseguir a liberdade e ese dereito ao propio corpo.
Amelia, que define o prostíbulo como un campo de concentración para mulleres migradas e empobrecidas, traballa por unha máxima: a prostitución ten que ser abolida. O estado debe perseguir o proxenetismo e aos homes que que consomen prostitución, que son os que financian este sistema de escravitude.