Carmen, tras realizar un exame específico, logra un dos 20 premios convocados e ós que se podía presentar aquel alumnado que cursase cuarto de ESO en Galicia e que obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.
Felicitada polo alumnado e profesorado do centro, comentaba a súa receita: “ser constante e aproveitar o tempo en clase para levar o traballo académico ao día”. “A organización do estudo e traballar con esquemas é vital para ter tempo para todo: estar coa familia e amigos e gozar das miñas grandes afeccións: a lectura e a escritura”.
Carmén, que deu neste curso o salto a bacharelato na modalidade de humanidades, seguirá a traballar duro, para obter bos resultados e matricularse dentro de dous anos na facultade de Historia, a súa materia preferida. “Desde ben pequena e por influenza do meu pai, sinto algo moi especial pola historia”.
Parabéns para Carmen!