Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Por 365 días de respecto e igualdade

25N co alumando de 2º ciclo da ESO e BAC

O alumnado de 4º ESO preparou para o 25N unha representación do conto de Pepa e Pepe para todos os grupos do centro, como forma axudar a identificar os distintos chanzos da "escaleira da violencia". Cómpre salientar o impacto que esta historia ten entre o alumnado adolescente,xa que a protagonista, Pepa, é unha alumna de instituto, ao igual que o protagonista, Pepe. A historia, contada pola socióloga especializada en violencia de xénero, Carmen Ruíz Repullo, está construída a partires dos relatos de alumnado adolescente.

Contando o conto polas aulas

Obradoiros de Autoestima feminina e Novas masculinidades

O profesor de Filosofía realizou 4 obradoiros de “novas masculinidades” con cada grupo de alumnos de 3º ESO. Simultáneamente, a profesora de matemáticas realizou obradoiros de “autoestima feminina” coas alumnas. Optouse por dinámicas con separación do alumnado por sexos por considerármolo esencial para conseguir un ambiente cómodo e participativo entre alumnas e alumnos. Cómpre salientar que estes obradoiros tiveron unha grande aceptación, demandando o alumnado que se realizasen máis sesións. Por cuestións de temporalización – tiveron lugar no último trimestre, perto das datas de maior concentración de exames- e pola necesidade de máis formación da profesora e do profesor implicados, non se realizaron máis sesións. Porén, será unha das liñas prioritarias de actuación do curso vindeiro

Os obradoiros de “novas masculinidades” e de “autoestima feminina” foron das actividades mellor valoradas polo alumnado, percibíndose a necesidade que ten o alumnado de poder falar con persoas adultas sobre cuestións que lles afectan directamente durante a adolescencia. 

Enlace de interese: Micromachismos: Voces de hombres por la igualdad.

Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut