Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Obradoiro conta a homofobia: Xuño con Orgullo

Xuño con orgulloAlumnado destinatario:

Alumnado da materia de Valores Éticos e 1º de bacharelato (13 en total).

Alumnado da materia de Ética de 4º de ESO (36 en total).

Temporalizacón:

Todo o terceiro trimestre (de abril a xuño)

Obxectivos:

Sensibilizar ao alumnado sobre a temática e visibilizar a través de destacados personaxes da cultura, da política, da ciencia, dos deportes,... a condición de homosexual ou lesbiana, que aínda non está totalmente normalizada, aceptada e respetada.

Metodoloxía:

Consta de dúas partes: unha teórica e outra práctica. Na parte teórica desenvolvéronse varias accións:

- Elaboración dun exhaustivo glosario de termos relacionados co tema (un total de 25 termos), con etimoloxías e exemplos claros sobre o significado de cada un deles.

- Comentario persoal sobre numerosas frases homofóbicas de uso cotián ou nos que se reflicte unha evidente homofobia e desprezo cara outras opcións sexuais distintas da heterosexual.

- Na parte práctica déuselle "personalidade e vida" a uns "monigotes" recortados todos coas mesmas forma e dimensións,sen caraacterísticas atribuibles a ningún sexo. Neles recoñéncese os méritos, características  e logros de distintas mulleres e homes que destacaron na historia da humanidade, desde emperadores ata deportistas de élite. O nexo común de todos eles é a súa homosexualidade. Nalgúns casos,asumida e normalizada;  noutros agochada e reprimida. En total fixéronse 22 monigotes, pois o alumnado traballou en parellas. O traballo foi exposto nos corredores do centro baixo o lema "Xuño con Orgullo", co propósito de incluir entre as celebracións escolares do noso centro o "Día do Orgullo Gay", a pesares de non coincidir co calendario escolar

Bibliografía:

Guía didáctica: “El respeto a la diferencia por orientación sexual: homosexualidad y lesbianismo en el aula”, editada por XEGA.

Resultado:

 

 

 



Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut