Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

25N co alumando de 2º ciclo da ESO e BAC

O alumnado de 4º ESO preparou para o 25N unha representación do conto de Pepa e Pepe para todos os grupos do centro, como forma axudar a identificar os distintos chanzos da "escaleira da violencia". Cómpre salientar o impacto que esta historia ten entre o alumnado adolescente,xa que a protagonista, Pepa, é unha alumna de instituto, ao igual que o protagonista, Pepe. A historia, contada pola socióloga especializada en violencia de xénero, Carmen Ruíz Repullo, está construída a partires dos relatos de alumnado adolescente.

O alumnado de 2º BAC decidiron intervir sobre as dúas escaleiras de entrada do centro, unha co lema "Non subir", na que se recollen diversas formas de maltrato nas relacións de parella, e outra co lema "Subir", na que se poñen en valor as relacións de bo trato. Podedes ver o resultado nestas fotos.

Conto de Pepa e Pepe, a escaleira cíclica da violencia de xénero

 

Profesorado responsable: Pepe Cabido, Sonia F. Casal

3.jpg
8.jpg
7.jpg
5.jpg
9.jpg
Alumnado preparando o conto  de Pepa e Pepe
Decorando as escaleiras
Conto de Pepa e Pepe por Carmen Ruíz Repullo
Contando o conto polas aulas


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut