Proxecto Erasmus
MOBILIDADES ERASMUS
Enviado por erasmus o Lun, 21/03/2022 - 23:06
"Zorbalia son ver, dostlua yol ver"
"Say bye to bully, say hi to buddy"
"Adiós al acoso, dar paso a la amistad"
Vivir nunha sociedade globalizada supón a introdución de cambios nas relacións entre as persoas, na pescuda de traballo, nos modos de vida, pero tamén no ámbito da educación, entre outros. Co obxectivo de adaptarse a esta globalización, o IES Xesús Ferro Couselo decidiu mergullarse no programa Erasmus + K229 e realizar intercambios con Polonia e Turquía, sendo este último o país coordinador. Con esta aventura preténdese mellorar a competencia lingüística do alumnado nunha das linguas auxiliares, o inglés. Trátase dunha oportunidade de achegamento a este idioma en contextos máis reais que nas aulas, onde os nosos alumnos e alumnas poidan descubrir a importancia e utilidade do manexo dunha lingua vehicular na relación con outras persoas con culturas, tradicións e mesmo relixións diferentes. Alén de mellorar a súa competencia en inglés, este programa tamén pretende acadar outro tipo de obxectivos como a convivencia entre iguais, pois involucra a alumnado de diferentes países con culturas distintas compartindo aulas e mesmo vivendas.
|
|||
Difusión do erasmus:
- Na seguinte ligazón podes ver algunhas das publicacións dos diferentes medios (Faro de Vigo, La Región) que se fixeron eco do noso proxecto erasmus.
- Na revista EDUGA publicamos un artigo no que facemos un resumo de todo o que vivimos na primeira das mobilidades e os obxectivos que pretendíamos acadar. Podes ver o artigo completo na seguinte ligazón.
- Exposición feita no noso instituto sobre as mobilidades: ligazón.
- Mural exposto no instituto con puzzles feitos polos diferentes países participantes: ligazón.
- Nesta ligazón podes ver como as alumnas que viaxaron a Turquía (Mencía e Noa) explican esta experiencia aos seus compañeiros.
- La Voz de Galicia publica un artigo falando da nosa última mobilidade a España, podes atopalo na seguinte ligazón.
- O alumnado firma un compromiso anti-bullying. Ligazón
Tamén podedes botarlle unha ollada ás nosas redes sociais e á páxina web do proxecto: