|
||||||
|
Concursos
XIX Concurso de relato oral "TÍRALLE DA LINGUA"
Enviado por admin o Xov, 15/10/2020 - 13:04Este curso 2020-21 presenta modificacións importantes en canto á celebración da súa fase final, non poderá ser presencial dada a situación derivada da pandemia que estamos a sufrir e que fixo mudar moito as cousas.
Aínda así, parécenos importante seguir adiante con un proxecto que tenta incentivar e normalizar o uso oral da nosa lingua, rachar con prexuizos e converter o galego en instrumento de comunicación normal.
A data de inscrición é antes do 19 de novembro, como figura nas bases. Realizada a fase de selección previa nos centros, as historias que van á fase final serán gravadas e enviadas á AS-PG en formato mp4, até o día 25 de novembro ás 14:00h. Todas as historias da fase final serán aloxadas nunha canle da web da AS-PG para poderen ser visualizadas polos centros participantes. No seu momento enviaremos o enlace.
O día 30 de novembro realizarase a fase final de xeito non presencial, e daranse a coñecer as historias gañadoras e os centros.
O concurso vai destinado a tres niveis académicos.
1) Primaria.
2) 1º Ciclo de ESO.
3) 4ºESO e ensino postobrigatorio.
Os dez primeiros centros que comuniquen o seu compromiso de ir a fase final, poden solicitar unha sesión con profesionais que traballan no ámbito da oralidade: contacontos, xente do teatro e da comunicación.
Concurso "Olla a palabra do día!"
Enviado por admin o Xov, 15/10/2020 - 12:15A Real Academia Galega e a Fundación Barrié convocan a través do Portal das Palabras o concurso Olla a Palabra do Día! A iniciativa, dirixida aos centros de educación infantil, primaria e ESO, repartirá oito premios entre os traballos do alumnado que lles poñan imaxes ás palabras do día do Portal das Palabras durante o mes de outono.
Cada traballo deberá centrarase nun dos temas semanais que se proporán do 5 de outubro ao 1 de novembro, centrados, por esta orde, na celebración do Día da Nena; a vida e á obra do protagonista do Día das Letras Galegas 2020, Ricardo Carballo Calero; o Samaín e mais o coidado do medio natural.
VII Certame Literario Viaqua
Enviado por admin o Xov, 17/12/2020 - 12:50
VII Certame Literario VIAQUA Relato clásico e relato creativo
Bases do concurso no seguinte enlace:
|
Concurso Aula Verde. Plan Proxecta
Enviado por admin o Mér, 02/12/2020 - 11:21Concurso de vídeos Europass 2020 "Discurso en el ascensor"
Enviado por admin o Mér, 25/11/2020 - 12:47Concurso de lemas contra a Violencia de Xénero
Enviado por admin o Ven, 13/11/2020 - 12:51
A Secretaría Xeral de Igualdade e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional convocan o concurso conmemorativo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro. Este ano o concurso enfócase cara a construción de lemas relacionados coa violencia de xénero co fin de promover a erradicación desta violencia e poñendo o foco na prevención, na detección precoz e na intervención. Tema: reflexión contra a violencia de xénero
Prazo de presentación dos traballos: ata o 19 de novembro de 2020 (ás 13.00 h) Indicacións para os envíos:os lemas remitiranse por correo electrónico a premios25n.igualdade@xunta.gal Pódense consultar as bases completas no documento anexo.
|
XVII CONCURSO DE CARTAS "DILLO A QUEN MALTRATA" 2020 - CONCELLO DE LALÍN
Enviado por admin o Mar, 27/10/2020 - 19:17XVII Concurso de cartas "Dillo a quen maltrata" 2020, organizado polo Concello de Lalín a través da Oficina de Igualdade, co obxectivo depromover a reflexión sobre a problemática da violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións física, psicolóxica, sexual, económica, estrutural..., así coma os efectos e consecuenciasda mesma.
O prazo de presentación estará aberto do 30 de setembro ata o 5 de novembro.
CONCURSO FOTOGRÁFICO
Enviado por admin o Lun, 11/03/2019 - 13:36