|
||||||
|
Normalización lingüística
CONCURSO DE CARTEIS "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"
Enviado por profesor o Mér, 13/04/2011 - 15:28
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011:
LOIS PEREIRO
(Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996)
CONCURSO DE CARTEIS
BASES:
- Establécense dúas categorías: a) Alumnado de 1º,2º e 3º da ESO.
b) Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º Bacharelato.
- O tema será alusivo ao Día das Letras Galegas .
- Será realizado sobre cartolina, en tamaño cartolina e con técnica libre, valorándose a orixinalidade e a dificultade do mesmo.
- Presentaranse enrolados e cun lema, e acompañados dun sobre pechado, dentro do cal figuren o lema do traballo, o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.
- Os carteis entregaranse na conserxería do instituto ata o día 9 de maio, inclusive.
- PREMIOS: Haberá dous premios. Os premios poden quedar desertos.
1º Premio: Libros e música.
2º Premio: Libro e material escolar.
- O xurado estará composto por profesorado dos seminarios de Galego e Plástica, e pola coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
- Os premios entregaranse o día 13 de maio.
CONCURSO LITERARIO "DÍA DAS LETRAS GALEGAS"
Enviado por profesor o Mér, 13/04/2011 - 15:08
DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011:
LOIS PEREIRO
(Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996)
CONCURSO LITERARIO
BASES:
- Establécense dúas categorías: a) Alumnado de 1º,2º e 3º da ESO.
b) Alumnado de 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.
- Os traballos estarán escritos en lingua galega. O tema será libre e poden pertencer aos xéneros de poesía e narrativa.
- A extensión mínima da poesía é de 15 versos e para os traballos de narrativa, seis páxinas a dobre espazo.
- Presentaranse grampados e cun lema, e acompañados dun sobre pechado, dentro do cal figuren o lema do traballo, o nome e apelidos, curso e grupo do autor ou autora.
- Os traballos entregaranse na conserxería do instituto ata o día 9 de maio, inclusive.
- PREMIOS: Haberá dous premios por categoría e xénero. Os premios poden quedar desertos.
1º Premio: Libros e música.
2º Premio: Libro e material escolar.
- O xurado estará composto por profesorado dos departamentos de Galego e Castelán, e pola coordinadora do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.
- Os premios entregaranse o día 13 de maio.
CONCURSO DE SLOGANS PARA O FOMENTO DA LINGUA GALEGA
Enviado por profesor o Mér, 13/04/2011 - 14:59
CONCURSO DE SLOGANS
PARA O FOMENTO
DA LINGUA GALEGA
DESEÑA CON EL O TEU MARCADOR
DE PÁXINAS E NÓS LEVARÉMOLO
A IMPRIMIR PARA REPARTILO
ENTRE TODO O ALUMNADO
E PROFESORADO.
Entrégao co teu nome ás profesoras de galego.
Data límite: 28 de abril.
Único premio para o marcador seleccionado: un MP4.
Entrega do premio e reparto de marcadores: o 13 de maio.
RUTA "OURENSE LITERARIO"
Enviado por profesor o Xov, 07/04/2011 - 20:49O ALUMNADO DE 4º ESO E DE 2º BACHARELATO REALIZOU
O DÍA 30 DE MARZO UNHA RUTA LITERARIA POLA CIDADE DE OURENSE.
VISITA " A CIDADE MEDIEVAL DE OURENSE"
Enviado por profesor o Lun, 14/02/2011 - 20:37
A CIDADE MEDIEVAL DE OURENSE
E O ARQUIVO DA CATEDRAL DE SAN MARTIÑO
|
|
ALUMNADO DE 1º BACHARELATO 14-02-11 |
DÍA DA PAZ
Enviado por profesor o Lun, 14/02/2011 - 20:09O DEPARTAMENTO DE FILOSOFÍA
CELEBRA O DÍA DA PAZ
31-1-2011
ALUMNADO DE 2º ESO
TERTULIAS LITERARIAS: "AS SETE MORTES", DE CARLOS VILA SEXTO . 26 E 28 XANEIRO 2011
Enviado por profesor o Sáb, 29/01/2011 - 20:19TERTULIA LITERARIA NO LICEO O DÍA 26-I-11
AS SETE MORTES DE CARLOS VILA SEXTO
ALUMNADO DE 4º ESO E 1º BACHARELATO
CONFERENCIA DE CARLOS VILA SEXTO NO LICEO O DÍA 28-I-11