|
||||||
|
AS MEIGAS DO FERRO
Unha terrorífica maldición caeu sobre a aldea do Ferro …
As rapazas do Ferro están deixando de ser como eran para converterse en princesas remilgadas e cursis, submisas e obedientes sen un ápice de iniciativa e crítica.
Os rapaces tamén están cambiando e estanse a converter en personaxes rudos,dominantes, competitivos e herméticos.
Todos están perdendo a súa propia identidade e humanidade e compórtanse igual sen saírse dos estereotipos marcados polo feitizo.
Só as meigas do bosque coa vosa axuda poderán detela se sodes capaces de entrar no bosque e atopar os elementos máxicos que precisamos para romper o maleficio …
O día 25 de marzo do 2022 a rapazada de 1º ESO do Ferro, na súa totalidade, asumiron a ARRISCADA E EMOCIONANTE MISIÓN
No camiño tiveron que tomar decisións ……., medir riscos ….., xogar en equipo …., ter sorte …., xa que o bosque estaba repleto de seres e encontros misteriosos.
Entraron! no bosque para conseguir os elementos máxicos, os levaron as meigas para que o meteran no pote no que estaban elaborando a apócema e unha vez introducidos os elementos máxicos leron entre todos o CONXURO
“NIN DOMINANTES, NIN SUBMISAS OBEDIENTES,
PERSOAS LIBRES E DIFERENTES
QUE A MALDICIÓN POR AQUÍ NON SE VOLVA A VER
QUE CADA QUEN SEXA COMO QUEIRA SER”
o cal os liberará da maldición para sempre.
Enlace ao video https://youtu.be/ppIWO6PRycg
MOITAS GRAZAS ao profesorado e ao alumnado pola súa IMPLICACIÓN e ESFORZO.