|
||||||
|
ACTIVIDADES NAÚTICAS EN CASTRELO DE MIÑO
O 24 e o 31 de maio do 2021, o alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato e 3º ESO respectivamente, participaron na actividade “Xornada de vela e kaiak” en Castrelo de Miño organizada polo Departamento de Educación Física.
Pola maña, a chegada ao Parque Naútico, o alumnado participou nun xogo de orientación recreativa “O gran xogo dos espías”.
Despois de xantar comezaron as actividades acuáticas e as ordenes dos monitores do Club Naútico se dividiron en tres grupos e así, participar na rotación das actividade propostas como barco de vela, kaiak, pedaleta, taboa de paddel surf e windsurf.
Cabe destacar o marabilloso comportamento do alumnado e a súa participación activa e máxima implicación en cada unha das actividades propostas.
A continuación deixamos uns enlaces de fotos de cada unha das xornadas.
"Xornada Naútica” 24 de maio de 2021 , alumnado de 4º ESO e 1º de Bacharelato https://photos.app.goo.gl/bt9DfeN7DWjbGMhR9
"Xornada Naútica” 31 de maio de 2021 , alumnado de 3º ESO https://photos.app.goo.gl/kKb13jwPvNdHkqJ5A