Skip to Content

HOXE RECOMENDA...

HOXE RECOMENDA...

AGRADECEMENTO

Dende Bibliomuriel queremos agradecer as colaboracións que estamos  a recibir para nosa sección SCRIPTA MANENT. Por iso publicamos nesta páxina central as catro primeiras composicións enviadas. Dúas nais e dúas alumnas mostraron a súa sensibilidade e ben facer.

Parabéns a todas! Esperamos seguir léndovos! Moitas Grazas

O Equipo da Biblioteca

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS DO MES DE XANEIRO

Comezamos o segundo trimestre con moita enerxía e, proba diso, son as numerosas actividades previstas para este mes.  

9 de xaneiro: Actividade de cohesión TEI. Actividade na que o alumnado de 1º e 3º de ESO tivo que resolver distintas probas empregando a pericia de titor e titorando.

18 de xaneiro: Visita á catedral de Santiago. Os alumnos de arte, Historia de España e Relixión de 1º e 2º de bacharelato visitarán o Pórtico da Gloria e o Museo catedralicio e ademáis  subirán aos tellados.

BECAS JUAN LAMPÓN

O IES da Pobra está a convocar, os últimos anos, unha beca dunha cuantía de 250 Euros en memoria do seu alumno Juan Lampón.

Esta beca vai destinada a alumnado de ESO e BACH  que cumpra os requisitos de ter boas cualificacións académicas e estea federado nunha ou varias Federacións deportivas.

Para mási información, podedes falar co Xefe de Estudos.

CALENDARIO DE PROBAS DE PENDENTES

CALENDARIO DE PROBAS DE MATERIAS PENDENTES DE ESO 

(CLIC AQUÍ)

 

CALENDARIO DE PROBAS DE MATERIAS PENDENTES DE BACHARELATO 

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Unha vez máis, MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Dende Bibliomuriel agradecemos vosa participación na selección de lecturas recomendadas para Nadal. Queremos tamén mencionar especialmente á profesora Esperanza Sánchez, que tanto esforzo, traballo e tempo adicou á dinamización da biblioteca. Moita sorte e hasta sempre, Espe!

Felices momentos, Felices días!

O Equipo da Biblioteca

 

Novos Plans de Estudios das Ensinanzas Artísticas Superiores en Galicia

14/12/2016 11:50
Europe/Madrid

A Consellería ven de publicar os novos plans de Estudios destas ensinanzas especiais.

Plan de Estudios de Música, nas especialidades de Composición, Interpretación, Musicoloxía e Pedagoxía, na Comunidade Autónoma de Galicia:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/17620

ESCOLA MUNICIPAL DE FAMILIAS

A ESCOLA MUNICIPAL DE FAMILIAS continua este VENRES 9 de decembro.

ESCOLA MUNICIPAL DE FAMILIAS

Achegámosvos información sobre a ESCOLA MUNICIPAL DE FAMILIAS que comeza mañan VENRES 2 de decembro. De 18:15h a 19:30 no Auditorio haberá unha CHARLA EXPERTA sobre COMUNICACIÓN POSITIVA: EDUCACIÓN EN VALORES impartida por Teresa Hernández Armentia.

Distribuir contido


by Dr. Radut