Skip to Content

ESCOLA MUNICIPAL DE FAMILIAS

Achegámosvos información sobre a ESCOLA MUNICIPAL DE FAMILIAS que comeza mañan VENRES 2 de decembro. De 18:15h a 19:30 no Auditorio haberá unha CHARLA EXPERTA sobre COMUNICACIÓN POSITIVA: EDUCACIÓN EN VALORES impartida por Teresa Hernández Armentia. A continuación, de 19:30h a 20:30, a mesma experta traballará coas persoas que o desexen aspectos en concreto a resolver sobre a comunicación.

As familias que o precisen, terán ao seu dispor o SERVIZO DE CONCILIACIÓN FAMILIAR na LUDOTECA AGARIMO para deixar alí ás súas crianzas mentres participa na ESCOLA MUNICIPAL DE FAMILIAS. Este servizo ten prazas limitadas, polo é preciso que para facer uso del se reserve praza o venres antes das 13:00h neste número de teléfono: 687332809.

TODAS ESTAS ACTIVIDADES SON GRATUTITAS.

Teresa Hernández Armentia é Primeira Coach Persoal, Familiar e Educativa de Galicia e única certificada por AECOFAM, Mediadora Familiar polo Rexistro da Xunta de Galicia, Autora de libros como "Desenvolvemento das habilidades sociais" (2008), que conta xa con 6 edicións, "Competencias básicas en Educación Primaria" (2010), Acoso escolar (2015) e “Coaching para profesionais do ensino”, entre outros; así como de múltiples materiais didácticos propios e para entidades públicas e privadas, e artigos online, Relatora e formadora con 20 anos de traxectoria profesional en relación coa familia, a educación, a comunicación, motivación, liderazgo, resolución de conflitos, intelixencia emocional,...Participación en medios de comunicación como Especialista en educación e familia: TVG (Coach do programa “Cuestións Persoais”; Programa A Revista dá tarde), Radio Galega (As tardes de Cristina,Pensando en ti) e MediaSiete (Revista Santiago Sete). Formación e experiencia profesional de base: Mestra de infantil e Psicopedagoga, e Nai dende fai 4 anos.

+info: https://www.facebook.com/benestarianxo/ //Servizos Sociais de Rianxo: 981860061



book | by Dr. Radut