ORIENTALINE
Novas Erasmus
Un retrato de Darío Xohán Cabana por Sheila 3ºA
Buscamos ilustrustradores e ilustradoras para o noso blogue: retratos, caricaturas, collages, debuxos, etc. Estade atentos ás novas que vaian aparecendo. Podedes envialos a normalizalumnos@terra.com ou entregalos a algún membro de normalización: Eva, Isabel Segura, Diego...
Xornada pola Ciencia en galego
O próximo xoves 4 de novembro imos falar de ciencia en galego e imos facelo con outros cen centros de ensino de Galicia. Na primeira imaxe podedes enlazar coa páxina na que se explican algunhas das actividades que se van a realizar en toda Galicia, incluídas as do noso IES. As nosas actividades serán as seguintes: - A conquista do espazo. Unha historia da exploración do Sistema Solar. (Podes descargar aquí as imaxes da charla ou ler a principal fonte empregada para preparala) - O programa Stellarium, un exemplo de software en galego. - Como fabricar un planisferio estelar.(Podes descargalo premendo nas dúas imaxes da dereita) - Observación do ceo nocturno. (Máis información na páxina do Departamento de CCNN) - O númeroáureo e a serie de Fibonacci na natureza, arte,... - Científicos galegos - Convocatoria do II Premio de investigación científica Ángel Carracedo - Videoconferencia dende o CERN |
EDITADA A REVISTA DO INSTITUTO, MARIANTELLA
Neste final de curso publicamos a revista Mariantella na que podedes ler artigos sobre moitas das actividades que se fixeron no noso instituto durante o case rematado ano escolar 2009-2010. Podedes ler artigos sobre as actividades realizadas, na semana Cultural, na biblioteca, nas excursións ou en datas de celebracións xa tradicionais no noso centro |
Marian Tell a 2010
|
Tamén hai espazos sobre temas de opinión e actualidade, sobre o novo decreto do galego ou a eutanasia, entre outros; publicamos os relatos premiados en diferentes concursos literarios e entrevistamos a persoeiros famosos que nos visitaron e tamén se despiden de nós, con un ata logo, os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato. Esperamos que vos guste. |
ENTREGA DOS PREMIOS LITERARIOS
Entregáronse na biblioteca do noso Centro os premios literarios da edición deste ano. As premiadas nesta terceira edición dos premios foron as seguintes escritoras: |
1º Premio de Poesía Eduardo Pondal da comarca de Bergantiños en modalidade de Bacharelato ao poema 'Belicosamente sempre túa' de Laura Castro Lorenzo do I.E.S. Isidro Parga Pondal de Carballo |
Premio de Poesía do Terceiro Certame de Creación Literaria do IES de Ponteceso ao poema 'Hoxe en día' de Salomé Varela, do 1º curso de bacharelato. |
Premio de Relato Curto do Terceiro Certame de Creación Literaria do IES de Ponteceso ao relato 'Palabras' de Mariña Abella, do 1º curso de bacharelato. |
Premio de Minirelato do Terceiro Certame de Creación Literaria do IES de Ponteceso ao relato 'Mal agoiro' de Susana Varela, do 1º curso de bacharelato. |
Noraboa a todas as premiadas e ánimos dende o IES de Ponteceso para o voso discorrer literario que se inicia e que queremos incentivar con estes premios.
|
PREMIOS LITERARIOS
Lembrade que xa están convocados os certames de literatura deste ano, tanto o de Creación Literaria do noso IES (nas modalidades de mini relato, relato curto e poesía), como o Premio de Poesía Eduardo Pondal para alumnos dos centro de Secundaria da Comarca de Bergantiños. As datas tope de receción de traballos son, respectivamente, o 10 e o 14 de maio. Atoparedes toda a información relativa a estes concursos na Páxina Principal de Normalización, na sección de Certames Literarios.
Animádevos! Amosade a vosa creatividade ao mundo enteiro e gañade importantes premios!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- seguinte ›
- última »