EDITADA A REVISTA DO INSTITUTO, MARIANTELLA

Neste final de curso publicamos a revista Mariantella na que podedes ler artigos sobre moitas das actividades que se fixeron no noso instituto durante o case rematado ano escolar 2009-2010. Podedes ler artigos sobre as actividades realizadas, na semana Cultural, na biblioteca, nas excursións ou en datas de celebracións xa tradicionais no noso centro
Marian Tell a 2010

 

 Tamén hai espazos sobre temas de opinión e actualidade, sobre o novo decreto do galego ou a eutanasia, entre outros; publicamos os relatos premiados en diferentes concursos literarios e entrevistamos a persoeiros famosos que nos visitaron e tamén se despiden de nós, con un ata logo, os alumnos e alumnas de 2º de bacharelato. Esperamos que vos guste.