Novas Erasmus

Recoñecemento dos centros galegos con Acreditación Erasmus

O pasado martes 21 de maio, a directora do centro, Clara Regueira, asistiu ao acto de recoñecemento dos centros galegos con Acreditación Erasmus (Sectores de Educación Escolar e Educación de Persoas Adultas) no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Santiago. 
 
Este acto serve para premiar e visibilizar o inmenso labor realizado polo equipo de internacionalización do noso centro, encabezado pola docente Silvia Candia.

 

Erasmus+ de Educación Escolar co alumnado do centro Friedrich-List-Gymnasium de Asperg.

Vémonos o curso que vén

 

En Laxe remata a visita


 

 

Comida de despedida en Laxe

Vistas dende o tellado da Catedral de Santiago

No Obradoiro

 

Visitamos o astaleiro de ribeira de Cabana de Bergantiños

 Baixando a ruta dos muíños

En clase que non todo vai ser pasear

 O castro de Borneiro

 

Na asociación o Fieital

Bailando na asociación do Couto

 

No dolmen de Dombate

Presentación no instituto


 

Por fin temos acreditación Erasmus

Despois de moito traballo por parte do equipo de internacionalización do IES Eduardo Pondal e en especial da súa coordinadora, Silvia Candia, o noso centro vén de conseguir a Acreditación Erasmus en Educación Escolar (KA-120 SCH) para mobilidades do alumnado da ESO e do Bacharelato ata o 2027. 

Esta acreditación súmase á Acreditación Erasmus en Formación Profesional (KA-120 VET) que xa tiñamos, polo que todo o noso alumnado e profesorado poderá beneficiarse dos proxectos de internacionalización. Unha magnífica oportunidade para ampliar os horizontes da nosa comunidade educativa.

Erasmus+ é un programa da Unión Europea con case 40 anos de existencia que apoia a educación, a formación, a xuventude e o deporte en Europa. 

Erasmus days e máis

Erasmus +

O luns 9 de outubro comezou cunha charla na biblioteca do centro para o alumnado dos ciclos de Atención a persoas en situación de dependencia e de Electromecánica de vehículos automóbiles sobre as posibilidades de realizar este curso o periodo de prácticas 

O alumnado participante o curso pasado, relatou as súas experiencias tanto a nivel profesional e de formación como a nivel relacional e de ocio, a cal delas máis produtiva.

 

O mércores 11 continuouse co relato sobre as experiencias ERASMUS+, neste caso para profesorado e para o alumnado dos primeiros cursos dos ciclos de Formación Profesional.

 

Así mesmo, inaugurouse un espazo ERASMUS+ na biblioteca, que nace coa idea de que o noso alumnado poda atopar recursos de interese para as súas viaxes e experiencias: guías de viaxe, dicionarios, guías de conversa, e recursos dos países onde vaian realizar as súas viaxes.

CONCURSOS LITERARIOS 2014

Outro ano máis no que convocamos os nosos certames literarios: o certame de creación literaria para calquera estudante do noso centro, no que poderán participar nas categorías de relato curso ou poesía, e o VII Certame de Poesía Eduardo Pondal, para alumnos de Secundaria e Bacharelato, coa novidade nesta edición de que está aberto a estudantes de calquera centro público de Galicia.

Nos seguintes enlaces atoparedes as bases de ámbolos dous concursos.

Animádevos a participar e moita sorte!

VII CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA do IES de PONTECESO

VII PREMIO DE POESÍA EDUARDO PONDAL

Distribuir contido