Erasmus days e máis

Erasmus +

O luns 9 de outubro comezou cunha charla na biblioteca do centro para o alumnado dos ciclos de Atención a persoas en situación de dependencia e de Electromecánica de vehículos automóbiles sobre as posibilidades de realizar este curso o periodo de prácticas 

O alumnado participante o curso pasado, relatou as súas experiencias tanto a nivel profesional e de formación como a nivel relacional e de ocio, a cal delas máis produtiva.

 

O mércores 11 continuouse co relato sobre as experiencias ERASMUS+, neste caso para profesorado e para o alumnado dos primeiros cursos dos ciclos de Formación Profesional.

 

Así mesmo, inaugurouse un espazo ERASMUS+ na biblioteca, que nace coa idea de que o noso alumnado poda atopar recursos de interese para as súas viaxes e experiencias: guías de viaxe, dicionarios, guías de conversa, e recursos dos países onde vaian realizar as súas viaxes.