ORIENTALINE
Automoción
O alumnado do CS de Automoción visita Alemaña
Este luns partiu cara a Alemaña unha expedición formada por 26 alumnas e alumnos do Ciclo Superior Dual de Automoción acompañados por 4 docentes.
O centro presentou un proxecto dentro do programa de mobilidades de FP dual para este curso 2023 2 024 que resultou finalmente seleccionado.
A expedición, formada por 30 alumnos e docentes do IES Eduardo Pondal, permanecerá en Bremen do 27 de novembro ao 2 de decembro.
Durante esta viaxe visitarán diferentes fábricas e empresas relacionadas coa Familia Profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos. As visitas incluirán: Mercedes Benz AG, Meyer Werft estaleiro )), Airbus, Volkswagen. Tamén haberá unha reunión co coordinador de Erasmus+, David Schwenen, no Campus Handwerk.
Departamento de Automoción
"Tanto dende o departamento coma dende a dirección do I.E.S. Eduardo Pondal de Ponteceso, querémoslles agradecer a todas e cada unha das empresa colaboradoras a súa participación e axuda para ofrecer aos alumnos unha formación de calidade, xa que gracias a isto convertiranse nuns profesionais de alta calidade e preparados para un mercado laboral cada vez máis esixente."
|
Visitas curso 2017/18 |
Visitas cos alumnos/as do curso 2017/18 de F.P. Básica e Ciclos de Administrativo e Automoción a feira de Innova, en Santiago. |
Visita cos alumnos do ciclo medio de mantemento de vehículos e mais os da FP Básica a planta de regasificación de Mugardos, REGANOSA.ENLACE A FOTO
|
Visitas cos alumnos/as do curso 2016/17 dos Ciclos de Administrativo e Automoción a Silleda para ver os diferentes participantes do campeonato gallego de Formación Profesional.Os Skills |
|