ORIENTALINE
O alumnado do CS de Automoción visita Alemaña
Este luns partiu cara a Alemaña unha expedición formada por 26 alumnas e alumnos do Ciclo Superior Dual de Automoción acompañados por 4 docentes.
O centro presentou un proxecto dentro do programa de mobilidades de FP dual para este curso 2023 2 024 que resultou finalmente seleccionado.
A expedición, formada por 30 alumnos e docentes do IES Eduardo Pondal, permanecerá en Bremen do 27 de novembro ao 2 de decembro.
Durante esta viaxe visitarán diferentes fábricas e empresas relacionadas coa Familia Profesional de Transporte e Mantemento de Vehículos. As visitas incluirán: Mercedes Benz AG, Meyer Werft estaleiro )), Airbus, Volkswagen. Tamén haberá unha reunión co coordinador de Erasmus+, David Schwenen, no Campus Handwerk.