Curso 2020/21

Probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional

Publicada a Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazos de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 e 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 18 de febreiro e 3 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

 Requisitos das persoas participantes:

  • Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
  • Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba. 

Presentación de solicitudes:

Grado Medio

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

2. Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2020/21. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e, posteriormente, presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.

Grado Superior

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

2. Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2020/21. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.gal/ciclosprobas/PaxinaInicio.do), que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo II (código de procedemento ED312D), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición.


Máis información na web de Formación Profesional 

Probas de acceso a ciclos formativos de grado medio

Probas de acceso a ciclos formativos de grado superior

E no departamento de orientación. 


 

Calendario probas admisión FP

Vídeo explicativo ABAU 2021

No seguinte vídeo publicado pola Comisión Interuniversitaria de Galicia tedes instruccións das probas á ABAU 2021. 

 

Radio: Correspondentes Xuvenís 3.0

Un ano máis , os Correspondentes Xuvenís 3-0 do IES do Camiño, seguen informando a comunidade educativa das novas máis relevantes que chegan a eles e elas dende Xuventude, as canles que empregan para acercarse a nos son:

  • O programa "Correspondentes Xuvenís 3.0" en Radio Palas FM, que se celebra cada xoves de 11:00 a 11:00.
  • Rede social Instagram. 

Este ano os nosos e nosas correspondentes son: Roi Blanco, Nerea García, Nerea Gómez, Silvia López, Ismael López, Alba Rivas, Paual Taboada e Vitor Manuel Da Silva. 

Xa levan un par de semanas nas ondas, así que non deixes de escoitalos e escoitalas!

 

Charla informativa da EASD Ramón Falcón

O día 9 de febreiro tivemos unha charla informativa da EASD de Ramón Falcón de Lugo a cargo dos profesores Alejandro e Ramón. 

Deste xeito o alumnado, por un lado, de 4º da ESO e 1º de Fp Básica e, polo outro, de 2º de BAC. puideron informarse de cales son as ensinanzas de réxime especial que se imparten neste centro: CM, CS e estudos de grado, tales como: Serigrafía, Forografía, Deseño de Interiores, Cerámica..... 

Así mesmo o alumnado que estaba confinado por mor da Covid 19 puido seguir esta charla a través de Webex. 

Charla da Universidade de Vigo

O 4 de febreiro contamos coa charla informativa sobre a Universidade de Vigo, nesta ocasión por mor da pandemia da Covid-19, realizouse a través de Webex. 

O alumnado recibiu información sobre as probas da ABAU, o acceso á Universidade, Bolsas, campus da Universidade de Vigo (Ourense, Vigo e Pontevedra), etc. 

Concurso de microrrelatos anticovid

Os equipos de Normalización e Dinamización Lingüística e da Biblioteca do IES do Camiño convocan o CONCURSO DE MICRORRELATOS ANTICOVID.

 

Club de lectura: Un feiticeiro en Terramar

Hoxe, no club de lectura departimos sobre o libro “Un feiticeiro de Terramar” da autora Ursula Kroeber Le Guin. Esta novela fantástica esta ambientada en Terramar.

Terramar é un inmenso arquipélago no medio dun océano sen limites definidos. Na illa de Gont vive Gabián, un neno posuidor dunhas habilidades máxicas que lle levan a irse formar como feiticeiro na escola de Roke, onde se forman todos os magos. No entanto, a súa prendizaxe verase freada pola aparición accidental dunha misteriosa sombra que quere apoderarse do seu ser.

Fotografías do concurso "As cores do outono"

Que mellor xeito de rematar este ano 2020 que co traballo  que os nosos nosos alumnos e alumnas realizaron no concurso "As cores do outono". No  seguinte vídeo podedes ver todas as fotografías que se presentaron e os textos que as acompañan.

Desexamos que vos gusten tanto como a nós. 

Grazas aos participantes por facelo posible. 


 

Bo Nadal 2020

Somos conscientes de que comezamos este primeiro trimestre con moitos temores e incertidumes de como sería a volta ás aulas. Agora que xa rematou este primeiro trimestre, podemos valorar moi positivamente o grao de compromiso que tivestes coas medidas de prevención ante a covid 19, para que todo se desenvolvera coa maior normalidade posible. 

Concurso "As cores do outono"

Hoxe, martes 22 de decembro, na biblioteca do instituto fixose entrega no  tempo de lecer dos vales e o xogo de construcción á gañadora e gañadores  do concurso de fotografía: "As cores do outono" 

 

Os premiados foron: 

  • 1° premio: Nuria Paredes Lorenzo (1° Bacharelato) 

  • 2° premio: Álex Blanco García  (1° ESO) 

  • 3° premio: Aitor Cabana Vázquez  (FP Básica) 

Proximamente poderemos visionar todas as fotos nun vídeo que colgaremos na web..

Así mesmo o ENDL dávos as grazas pola vosa colaboración e participación a todo o alumnado que fixo posible a realización desta actividade.

 

Podes ver as imaxes da entrega dos premios clickando no seguinte enlace que vos leva a galeria: 

Distribuir contido