Curso 2018/19
Actuación de Aldaolado
Enviado por Anónimo o Mér, 15/05/2019 - 12:13O día 14 de maio contamos cunha visita moi especial. O dúo Aldaolado, constituído por María Lado e Lucía Aldao, ofreceunos unha hora de poesía e diversión. Orixinais e divertidísimas estas dúas poetas, que ata nos convidaron a facer con elas un poema.
Club de lectura: vamos ao cine
Enviado por Anónimo o Sáb, 13/04/2019 - 17:33Este xoves, 11 de abril, aproveitamos para ir ao cine os membros do club de lectura do IES do Camiño, fumos ver a película da "Capitana Marvel", unha adaptación do mundo do cómic de Marvel.
Esta película está ambientada nos anos 90, esta nova aventura preséntanos un período da historia nunca antes visto no Universo Cinematográfico de Marvel. A viaxe de Carol Danvers para converterse nunha das heroínas máis poderosas do universo, a Capitá Marvel, membro dunha raza de nobres heroes guerreiros. Mentres unha guerra galáctica entre dúas razas alieníxenas chega á Terra, Danvers loitará xunto a un pequeno grupo de aliados, mentres trata de atoparse a si mesma para descubrir quen é en realidade.
Language Planning
Enviado por Anónimo o Mér, 27/02/2019 - 18:52O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu, o venres 23, a unha montaxe teatral a cargo do grupo Os Quinquilláns (promovida pola editorial Galaxia e representada no salón de Actos do IES Lucus Augusti). Unha adaptación da obra de Séchu Sende Made in Galiza, que constitúe unha orixinal análise sobre a realidade sociolingüística galega e que leron este curso para a materia de Lingua.
Teatro: Cyrano de Bergerac
Enviado por Anónimo o Mér, 27/02/2019 - 18:21O martes 26 o alumnado de Francés foi ver a representación teatral do Cyrano de Bergerac, ao Colexio La Salle. Ademais visitaron o Panteón de Galegos Ilustres e o Museo do Pobo Galego. Por se fora pouco, aínda tiveron tempo de se fotografar co grande actor Luís Zahera. A mañá foi completa a máis non poder. Grazas, profesoras Laura e Victoria, pola organización!
Premios certame declaracións de amor
Enviado por Anónimo o Mér, 27/02/2019 - 12:54Gañadora e gañadores do certame
Presentación do libro Alento animal, Son d'aldea 2017
Enviado por Anónimo o Mér, 28/11/2018 - 12:34Presentouse o libro de Son d'aldea 2017, Alento animal, na biblioteca do instituto. Participaron no acto Fernando e Afonso García, José Luís Carrera, Toño Núñez, que expresaron con palabras a enormidade deste proxecto, que constitúe un exercicio de recuperación das propias raíces e de proxección destas cara ao futuro.
Respondemos NON ás violencias sobre as mulleres
Enviado por Anónimo o Sáb, 24/11/2018 - 00:13No recreo de hoxe xuntámonos arredor de 60 persoas na biblioteca. Moitas grazas por vir. Non hai fotos do acto porque estivemos ocupadas lendo e escoitando.