Presentación do libro Alento animal, Son d'aldea 2017

Presentouse o libro de Son d'aldea 2017, Alento animal, na biblioteca do instituto. Participaron no acto Fernando e Afonso García, José Luís Carrera, Toño Núñez, que expresaron con palabras a enormidade deste proxecto, que constitúe un exercicio de recuperación das propias raíces e de proxección destas cara ao futuro.

Contamos tamén coa presenza da directora do CEIP, Carmen Varela Pardo, e do concelleiro Armando Sande Agra, así como con tres rapazas do colexio que representaron unha escena da última edición. 

Aquí tedes fotos do evento

Para rematar o acto Toño Núñez e José Manuel García Miguélez, co acordeón, interpretaron "A verdadeira e romanceada historia de Curuxás"

Romance de Curuxás. Autor: Toño Núñez