Skip to Content

Novas

CONVOCATORIA DOS PREMIOS EXTRAORDINARIOS 2019/2020

- Para acceder á convocatoria dos premios extraordinarios de EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, clica aquí.

Artigo 3. Requisitos de participación

Poderá optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que reúna os seguintes requisitos:

1. Ter cursado durante o ano académico 2019/20 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.

3. Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño).

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

 

- Para acceder á convocatoria dos premios extraordinarios de BACHARELATO, clica aquí.

Artigo 3. Requisitos das persoas solicitantes

Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2019/20 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño).

Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS. CONVOCATORIA 2020: 2ª ADXUDICACIÓN

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o mércores 29 de xullo ata as 13:00 horas do venres 31 de xullo de 2020. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional. Tamén se poderá renunciar á praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

Achéganse as listaxes do réxime ordinario. Para consultar o resto de réximes, acceder a esta ligazón

Titorial para o alumnado de cara a entrega de tarefas na aula virtual

Achegamos o seguinte video por se algún de vos ten dúbidas sobre o proceso de entrega de tarefas a través da aula virtual.

Tede en conta que tanto para as tarefas coma para os foros, debedes acceder a aula con usuario e contrasinal (tod@s deberiades coñecer o voso). No caso de telo esquencido, comentádello o titor ou calquera pofesor, que xa mo transmitirán.

 

2ª Avaliación. Notas para o alumnado.

Estimadas familias

 

Nesta semana procederemos a realizar a 2ª avaliación do alumnado cos datos do seu traballo ata o 13 de marzo, segundo as instruccións da Consellería.  As notas publicaranse pola  aplicación ABALAR o venres. Se alguén non a ten no móbil pode descargala desta páxina  (columna dereita) ou da páxina da Consellería.

 

Se teñen que comunicar un novo número de móbil, chamen ao teléfono do centro ou envíen un correo.  

 

Moitas grazas e un saúdo.

A dirección

 

HORARIO DE ATENCIÓN DURANTE O ESTADO DE ALARMA

O horario para atención telefónica, segundo as instruccións da Consellería, é de 10:00 a 13:00 horas no teléfono: 886151444.

 

Tamén poden contactar a través do correo electrónico: ies.depoio@edu.xunta.gal 

 

 

MATERIAL PARA ALUMNADO PERÍODO CORENTENA

MATERIAL PARA O ALUMNADO PERIODO CORENTENA

Ola a tod@s.

Desde o IES de Poio estivemos traballando en colaboración con outros centros, desde onde se nos comunicou a avalancha de problemas que está tendo tanto o alumnado como o corpo docente.

Isto levounos a tomar a decisión de crear unha contorna que poia manterse durante todo o tempo que dure a corentena e que resulte cómoda e eficiente para todos (en previsión de que se poida estender) e que, aínda que nos levou un pouco de tempo extra, pensamos que é a mellor solución.

Na táboa inferior tedes enlaces a cada un dos cursos, onde cada alumno/a recibirá no seu propio o material e as instrucións de todo o profesorado de forma conxunta e ordenada.

Cando pulsedes no enlace, levaravos a unha ventá onde deberedes elixir a opción acceso como invitado ou entrar como convidado e así acceder directamente a todo o contido do voso curso.

Para entregar tarefas ou participar nos foros deberedes acceder co voso usuario e contrasinal, tal e como se facía nas aulas normais.

A partir deste momento, os docentes iremos subindo os contidos paulatinamente (no meu caso, dado que son o encargado TIC e recaeu en min a tarefa de crear esta contorna, quizais me retrase un pouco, aínda que o meu material está accesible nas aulas virtuais comúns ás que accedía o alumnado durante o curso)

Tamén poderedes acceder á aula virtual desde o enlace AULA VIRTUAL que se atopa na cabeceira desta páxina.

Un saúdo a toda a nosa comunidade e moito ánimo. Desde o IES de Poio seguiremos traballando conforma xurdan os problemas para ofrecervos o mellor servizo.

 

CICLO

CICLO COVID 19

2º BACHARELATO

2 BACH B COVID 19

2 BACH A COVID 19

BACHARELATO

1 BACH B COVID 19

1 BACH A COVID 19

4º ESO

4 ESO C COVID 19

4 ESO B COVID 19

4 ESO A COVID 19

3º ESO

3 ESO PMAR

3 ESO C COVID 19

3 ESO B COVID 19

3 ESO A COVID 19

2º ESO

2 ESO D COVID 19

2 ESO C COVID 19

2 ESO B COVID 19

2 ESO A COVID 19

1º ESO

1 ESO E COVID 19

1 ESO D COVID 19

1 ESO C COVID 19

1 ESO B COVID 19

1 ESO A COVID 1

AGRUPAMENTOS

AGRUPAMENTOS

TAREFAS PARA O ALUMNADO

Estimadas familias,

Estamos traballando nos contidos para o alumnado pero por saturación das redes aínda non aparecen na páxina web. Pídolles paciencia.

A dirección

Información sobre o coronavirus

Información da Xunta de Galicia sobre o coronavirus premendo no seguinte enlace

http://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/informacion-coronavirus

Distribuir contido


by Dr. Radut