Estimadas familias
Nesta semana procederemos a realizar a 2ª avaliación do alumnado cos datos do seu traballo ata o 13 de marzo, segundo as instruccións da Consellería. As notas publicaranse pola aplicación ABALAR o venres. Se alguén non a ten no móbil pode descargala desta páxina (columna dereita) ou da páxina da Consellería.
Se teñen que comunicar un novo número de móbil, chamen ao teléfono do centro ou envíen un correo.
Moitas grazas e un saúdo.
A dirección