- Para acceder á convocatoria dos premios extraordinarios de EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA, clica aquí.
Artigo 3. Requisitos de participación
Poderá optar aos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico o alumnado que reúna os seguintes requisitos:
1. Ter cursado durante o ano académico 2019/20 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Estar proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria.
3. Ter obtido no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño).
Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
- Para acceder á convocatoria dos premios extraordinarios de BACHARELATO, clica aquí.
Artigo 3. Requisitos das persoas solicitantes
Poderá optar ao premio extraordinario de bacharelato o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2019/20 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.
2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75. A nota media calcularase de acordo co establecido na disposición adicional quinta do Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de xuño).
Todos os requisitos relacionados neste artigo deberán posuírse no día en que remate o prazo de presentación de solicitudes.