Saltar navegación

Actividade 7

Creamos contas en Google: grupal e individuais

7Para crear o blog do noso grupo musical o primeiro que temos que facer é rexistrarnos en Google.

A través da conta grupal crearemos, deseñaremos e editaremos o noso music blog ao longo de todo o curso.

Entrando no blog coa conta individual permitiranos facer comentarios nos diferentes music blogs,

quedando rexistrados e dándonos puntos extra.

1.- Creamos a conta gmail do noso grupo musical (co nome do grupo) e poñemos unha imaxe de perfil

(o contrasinal temos que sabelo todos os membros do grupo).

2.- Creamos a nosa conta persoal de gmail (co noso nome artístico) e poñemos unha imaxe de perfil

(o contrasinal non debe coñecelo ninguén máis).

Suxestión

Se temos dúbidas podemos seguir estas indicacións: video

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0